"Nava" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 149.
-
PERSOEIRO
Militar e poeta, segundo conde de Noroña (1792). Durante a guerra contra a Revolución Francesa ascendeu a comandante (1792) e coronel (1793). Foi segundo comandante do exército e Reino de Galicia e, como tenente xeneral, mandou unha división durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e defendeu Pontesampaio fronte ao xeneral M. Ney. Apoiou a postura do marqués de La Romana á fronte da Xunta Suprema de Galicia. Escribiu Poesías (1799) e Poesías asiáticas (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Porto de montaña e municipio pertencente á provincia de Madrid (1.953 h [2001]), situado no Sistema Central, na serra de Guadarrama, no límite das provincias de Madrid e Segovia. Situado a 1.849 m de altitude, conta cunha estación de esquí.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado en Las Hurdes e regado polo río Jerte (2.170 h [2001]). A súa economía céntrase na agricultura e nas industrias que se derivan dela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Coñecido como Naugerius, foi cronista oficial da República de Venecia (1516), e foi enviado por esta como embaixador ante o Emperador Carlos V (1525-1526) e posteriormente ante Francisco I de Francia (1528). Escribiu as súas impresións da viaxe en Viaggio fatto in Spagna ed in Francia (1563).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado nos montes de Toledo, preto do encoro de El Torcón (4.015 h [2001]). É un termo rico en bosques e cultivos extensivos de cereais, oliveiras e legumes. A gandaría, de la e porcino, e a elaboración de aceite complementan a súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo navajo.
-
Individuo do pobo navajo.
-
Pobo indíxena de América do Norte, un dos máis numerosos e dinámicos, que viven en grandes reservas nos estados de Novo México e Arizona. Son agricultores sedentarios e gandeiros, e entre eles as mulleres tiñan unha gran consideración social.
-
Lingua do phylum na-dené da familia atapascana que se fala sobre todo nos estados de Arizona e Novo México. É a lingua indíxena con máis vitalidade en EE UU e conta con dicionarios e gramáticas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás naves e á navegación.
-
construción [construción] naval.
-
industria naval.
-
-
RIOS
Río da vertente atlántica que nace no monte Monticaño, na parroquia de Pastoriza (Arteixo) e desemboca na parroquia de Visma (A Coruña).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista cultural publicada na Coruña a partir de 1985. Cesou no verán de 1986 (nº3). Subtitulada “Revista atlántica”, estivo dirixida por Suso Iglesias. Cunha coidada presentación, ton reivindicativo e unha defensa do atlantismo, contou coas colaboracións de xornalistas e escritores vencellados á Coruña. Incluíu contidos sobre artes plásticas, literatura, música e textos literarios. Miguel Anxo Prado, Antón Patiño, Agrasar ou Menchu Lamas encargáronse das ilustracións mentres que a fotografía chegou da man de Xurxo Lobato, Vari Caramés ou Delmi Álvarez.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val do río Tiétar e limitado ao N por Castela e León (2.152 h [2001]). As actividades do sector primario son moi importantes, sobre todo a agricultura e a gandaría. A industria baséase na elaboración de produtos alimentarios e de materiais da construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao SO de Móstoles e delimitado por Castela-A Mancha (14.823 h [2001]). Está situado nunha zona agrícola, pero a súa economía susténtase tamén nas industrias alimentarias e do papel.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Servoi (Castrelo do Val). O seu cumio acada os 855 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo O da parroquia de Servoi (Castrelo do Val). O seu cumio acada os 894 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Negrelos (Rodeiro). O seu cumio acada os 647 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Coitelo en que a folla se pode dobrar para que o gume quede gardado nunha fendedura practicada no mango.
-
Molusco lamelibranquio da superorde dos eulamelibranquios, coa cuncha alongada, curvada, de forma tubular e duns 10 a 15 cm de lonxitude, que cando está pechada se asemella a unha cana ou ao mango dunha navalla. Habita na area lamacenta, onde escava canles de ata 1 m de profundidade. É comestible e moi apreciada en gastronomía. Prepárase, normalmente, ao vapor cun pouco de limón ou á prancha, despois de deixala macerar en allo, pirixel, sal e aceite.
-
Calquera molusco da familia dos solénidos.
-
-
-
Golpe que se dá cunha navalla.
-
Ferida producida cunha navalla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
nécora.
-
MONTES
Monte situado na parroquia da Xesta (Lalín). O seu cumio acada os 642 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Castro de Laza (Laza). O seu cumio acada os 854 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -