navalla

navalla

(< lat novacŭla)

  1. s f

    Coitelo en que a folla se pode dobrar para que o gume quede gardado nunha fendedura practicada no mango.

    Ex: Cortou a ramiña cunha navalla de enxertar.

  2. s f [ANIMAL]

    Molusco lamelibranquio da superorde dos eulamelibranquios, coa cuncha alongada, curvada, de forma tubular e duns 10 a 15 cm de lonxitude, que cando está pechada se asemella a unha cana ou ao mango dunha navalla. Habita na area lamacenta, onde escava canles de ata 1 m de profundidade. É comestible e moi apreciada en gastronomía. Prepárase, normalmente, ao vapor cun pouco de limón ou á prancha, despois de deixala macerar en allo, pirixel, sal e aceite.

  3. s f [ANIMAL]

    Calquera molusco da familia dos solénidos.