"OAS" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 68.
-
PERSOEIRO
Profesor. Foi profesor nas Escolas Normais e, en 1948, foi designado inspector central das mesmas. Publicou moitos libros para o ensino das matemáticas e ciencias naturais, dos que destacan Intuición y acción. Más de 100 lecciones prácticas de matemáticas y ciencias fisiológico-naturais para las escuelas de primera enseñanza y ligeras nociones de taxidermia (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecta. Doutora en Arquitectura, foi arquitecta municipal de Marín e traballou con César Portela durante seis anos. En 1991 creou o seu estudo de arquitectura. Conselleira titular do Consejo Superior dos colexios de arquitectos de España, en 2003 integrouse en dúas comisións do Consello de Arquitectos de Europa e converteuse na primeira muller en ser decana do COAG. En 2005 converteuse en conselleira de Vivenda, en representación do BNG.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Nova Zelanda, na Illa do Sur, Nova Zelanda (22.893 km2; 30.303 h [2001]). A capital é Greymouth (31.484 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOAS
Zona húmida litoral situada no concello de Porto do Son, entre o cabo Teira e a desembocadura do río Sieira. Están incluídas no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(s VII? a C) Fundador do mazdaísmo. Segundo as noticias dos Gāthā, de dubidosa verosimilitude histórica, era un sacerdote que predicou as revelacións recibidas de Ahura Mazdā e que obtivo a conversión do Rei Vištāspa. A tradición faino orixinario de Rhades (actual Ràyy, preto de Teherán), pero indicios xeográficos e lingüísticos (a lingua do Avesta) fan pensar nas rexións orientais. En canto á época, as opinións son tamén moi contraditorias, pero a tradición parsi fixa a súa época 258 anos antes de Alexandre o Grande, cara ao 630 a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mazdeísmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zaratustra.