Táboas Veleiro, Teresa
Táboas Veleiro, Teresa
Arquitecta. Doutora en Arquitectura, foi arquitecta municipal de Marín e traballou con César Portela durante seis anos. En 1991 creou o seu estudo de arquitectura. Conselleira titular do Consejo Superior dos colexios de arquitectos de España, en 2003 integrouse en dúas comisións do Consello de Arquitectos de Europa e converteuse na primeira muller en ser decana do COAG. En 2005 converteuse en conselleira de Vivenda, en representación do BNG.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ciudad de México