"OMM" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 73.

  • Nome inglés de Ros Comáin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Recoñecido polos seus retratos psicolóxicos de persoeiros para o ABC (1972), foi o creador das cascografías, coas que obtiña formas volumétricas e texturas a partir da manipulación do papel fotográfico. Fotógrafo oficial dos reis de España e membro numerario da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1996), publicou Álava abierta (1978), Fascinación (1991), Dios (1992), Espacios (1997), Itasoa (1999), Paisajes ordenados (2002) ou La belleza oculta: Libia (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Picardie de 245 km de lonxitude, que nace preto de Saint-Quentin e desemboca nun amplo esteiro no canal da Mancha, despois de bañar Amiens. Durante a Primeira Guerra Mundial as tropas anglo-francesas derrotaron ás alemás nunha longa campaña (xullo-novembro de 1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Picardie, Francia (6.170 km2; 555.551 h [1999]). A súa capital é Amiens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción que permite a síntese de aldehidos aromáticos mediante a conversión dun haloxenuro primario nun sal de amonio e posterior hidrólise ácida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático alemán. Elaborou diversas teorías sobre o xiroscopio, a difracción, os raios X ou os electróns metálicos. Perfecionou o modelo atómico de Bohr. Entre as súas obras destaca Atombau und Spektrallinien (A estrutura atómica e as líneas espectrais, 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ampliación do modelo atómico de Bohr, realizada por A. Sommerfeld en 1915, que supón que as órbitas electrónicas son elípticas. Propón dous novos números cuánticos que se unen ao principal de Bohr, e axiña foi superado polo modelo atómico de Schrödinger. OBS: Tamén se denomina modelo de Bohr-Sommerfeld.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De nome René François Armand Prudhomme, pertenceu ao movemento parnasiano (Stances et poèmes, 1865). Posteriormente a súa poesía orientouse cara á filosofía, como en La Justice (1878) ou Le bonheur (1888). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1901.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teatino e liturxista. Coñecedor de moitas linguas orientais, centrou as súas investigacións no estudo dos libros litúrxicos das bibliotecas de Roma. Clemente XI promoveuno ao cardealado (1712). As súas obras máis importantes foron reeditadas en 11 volumes por A. F. Vezzosi (1747-1756). Foi beatificado por Pío VII (1803).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Masolino da Panicale, formouse no taller de L. Ghiberti e cultivou o estilo gótico internacional. Renovou a pintura florentina en canto á representación naturalista do espazo e a luz. Comezou os frescos da capela Brancacci, que rematou Masaccio, e cara a 1430, decorou a capela de Santa Catarina na basílica de San Clemente de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Masaccio, documéntase en Florencia desde 1417. Recolleu as experiencias artísticas do seu tempo e continuou coa renovación pictórica que iniciara un século antes Giotto di Bondone. Das súas primeiras obras destacan o Triptico de San Giovanale en Cascia (1422) e o Poliptico de Pisa (1426). A partir de 1424 colaborou con Masolino da Panicale na Madonna col Bambino e Santa’Anna e nos frescos da capela Brancacci na igrexa do Carmine en Florencia. A súa obra ten unha consciencia concreta da realidade, obxectivo que conseguiu mediante a masa plástica e a caracterización dos personaxes, o estudo da luz e as sombras e a aplicación dos métodos da perspectiva. En Florencia (1425-1427) pintou a Trinità para Santa Maria Novella e, en Roma, colaborou probablemente con Masolino da Panicale no Triptico de Santa Maria Maggiore, e nos frescos da basílica de San Clemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e teólogo italiano. Dominicano, coñecido como Gaetano, foi profesor de metafísica tomista en Padua (1494) e de teoloxía en Pavia (1497-1499) e procurador xeral (1501-1508) e mestre xeral (1508-1517) da súa orde. Interveu nos inicios do proceso contra Lutero e na elección de Carlos V como emperador. Escolástico e tomista, destacan os seus comentarios á Summa theologica de Tomé de Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico alemán. Viaxou repetidamente pola Península Ibérica (1873). É autor, entre outras obras, de Zwei Jahre im Spanien und Portugal, (1847-1849), Prodomus Florae Hispanicae (1861-1880), en colaboración con J. Lange, e Grunzuge der Pflanzenverbeitung auf der iberischen Halbinsel (Distribución xeográfica das plantas na Península Ibérica, 1896), que influíu na xeobotánica ibérica. As súas obras incluían informacións sobre a flora galega grazas aos seus contactos con, entre outros, V. López Seoane, que lle achegou plantas para a súa coleccción.

    VER O DETALLE DO TERMO