Tommaso di ser Giovanni di Mone Cassai

Tommaso di ser Giovanni di Mone Cassai

Pintor. Coñecido como Masaccio, documéntase en Florencia desde 1417. Recolleu as experiencias artísticas do seu tempo e continuou coa renovación pictórica que iniciara un século antes Giotto di Bondone. Das súas primeiras obras destacan o Triptico de San Giovanale en Cascia (1422) e o Poliptico de Pisa (1426). A partir de 1424 colaborou con Masolino da Panicale na Madonna col Bambino e Santa’Anna e nos frescos da capela Brancacci na igrexa do Carmine en Florencia. A súa obra ten unha consciencia concreta da realidade, obxectivo que conseguiu mediante a masa plástica e a caracterización dos personaxes, o estudo da luz e as sombras e a aplicación dos métodos da perspectiva. En Florencia (1425-1427) pintou a Trinità para Santa Maria Novella e, en Roma, colaborou probablemente con Masolino da Panicale no Triptico de Santa Maria Maggiore, e nos frescos da basílica de San Clemente.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : San Giovanni Valdarno, Toscana

  • Deceso

    Lugar : Roma