"ONG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na costa mediterránea, na vertente oriental da serra dos Gavarres (5.832 h [1996]). A costa forma unha extensa enseada. A agricultura baséase en cultivos de secaño coa produción de viña, forraxe, cereais e oliveiras. A base económica aséntase na industria da madeira, do metal e da alimentación e, sobre todo, no turismo, apoiado en actividades como o festival de música clásica, feiras artesás e mercados medievais. É un centro cultural e histórico no que destaca o castelo medieval dos ss XII-XIII, que deu orixe á vila e á igrexa de Sant Martí.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Congreso europeo que tivo lugar en Cambrai (Cambrésis) de 1721 a 1727, convocado polos membros da Cuádrupla Alianza (Francia, Inglaterra, Países Baixos e Austria) para concluír unha paz definitiva. As negociacións facilitaron diversos acordos: o Tratado de Madrid (1721), asinado entre Francia, Inglaterra e Filipe V; o Tratado de Viena entre Filipe V e Carlos VI de Austria; e a Alianza de Hannover, entre Francia, Inglaterra e Prusia.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Negreira baixo a advocación de santa Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa á que non lle gusta traballar ou que perde o tempo sen facer nada.
-
Persoa que manifesta falsas mostras de cariño ou admiración.
-
Persoa de aspecto sucio e descoidado.
-
Persoa ou animal mal feito de corpo.
-
Persoa que exerce a prostitución.
-
Animal que xa non serve para traballar.
-
Estado dunha persoa que bebeu alcohol de maneira excesiva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
corvo mariño.
-
PERSOEIRO
Escritor, dramaturgo e xornalista. Fundou a revista Los Miserables e dirixiu a revista L’Esquella de la Torratxa. En 1939 exiliouse a París ata 1973, ano en que se instalou en Andorra. É autor das novelas La balada de les set germanes (A balada das sete irmás, 1912), e da peza teatral Nadal en temps de guerra (Nadal en tempos de guerra, 1938). En colaboración con V. Mora escribiu Cançó de amor i de guerra (Canción de amor e de guerra, 1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueóloga. Directora do servizo de arqueoloxía do concello de Lugo. O seu eido de investigación é a romanización en Galicia, sobre todo o mundo romano lucense. Dirixiu e participou en diferentes escavacións en Lugo. Colaboradora de revistas como Lucensia ou Larouco, participou nas obras colectivas Los orígenes de la ciudad en el noroeste hispánico (1996) e Galicia castrexa e romana (1997). É autora de Marcas de alfarero sobre terra sigillata halladas en Lucus Augusti (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Domingo Antonio de Andrade, construída en 1707 na esquina da praza da Quintana coa de Praterías, en Santiago de Compostela, e rematada por Fernando de Casas Novoa. Realizada para servir de residencia de cóengos, é sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Está formada por un conxunto de catro casas que teñen unha mesma base e un pórtico corrido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de mosteiros cistercienses de Castela, Asturias e Galicia, fundada por frei Martín de Vargas (Jerez, 1380), trala autorización do Papa Martiño V na bula Pía supplicum vota (1425). Tiña como obxecto retomar a pureza da orde. En Galicia o primeiro en iniciar a reforma foi o mosteiro de Sobrado, en 1494. Posteriormente, incorporáronse os de Meira, Montederramo, A Franqueira, San Clodio, Armenteira, Oseira, Xunqueira de Espadañedo e Oia.
-
PERSOEIRO
Escultor. Membro dunha familia de artistas, o seu pai Federico Caulonga foi mestre na Escola de Artes e Oficios Artísticos de Santiago de Compostela. Pertenceu, entre outros, ao círculo artístico de Camilo Díaz, Francisco Asorey e Xosé Aldrey. Entallador e labrador da pedra, colaborou no taller de Asorey e no de Magariños. En Santiago de Compostela destaca o conxunto escultórico que decora un capitel da rúa do Vilar, cunha figura sedente do apóstolo Santiago entre o Mestre Mateo e a raíña peregrina Isabel de Portugal. Durante os anos vinte colaborou con Antonio Palacios en diferentes construcións, como as do Palacio de Correos y Comunicaciones e o Círculo de Bellas Artes, ambos os dous en Madrid, cidade na que residiu algúns anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor, fillo de Ventura Caulonga. Foi discípulo de Magariños e estivo en contacto cos principais obradoiros escultóricos de Santiago de Compostela e completou os seus estudios na Escola de Artes e Oficios Artísticos. A súa obra centrouse na produción de retablos, tallas de pequeno formato, esculturas e relevos de temática fundamentalmente rexionalista, que están dispersas por diversas institucións de Galicia e do estranxeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico, fillo de Ventura Caulonga. Estudiou belas artes na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, baixo a dirección de Asorey; coñeceu a escola de pintura de Tito Vázquez e completou a súa formación con Roberto González del Blanco. Dende 1956 residiu en Madrid onde asistiu ás clases do Círculo de Bellas Artes. Traballou no taller do gravador Dimitri Papageorgius. Cultivou o debuxo, o gravado e a escultura e, sobre todo, a pintura ao óleo. Interesado polos primitivos renacentistas, a pintura flamenga e as últimas vangardas, buscou a plasmación da realidade e dos soños do home. Realizou traballos de restauración na catedral de Friburgo e as escenas dos baixorrelevos que decoran os bancos da Plaza Mayor de Madrid. As súas creacións están en diversos museos galegos, nacionais e internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
sínido.
-
CAPITAIS
Capital da división homónima, Bangladesh, preto da desembocadura do río Karnaphuli (2.040.663 h [1991]). O seu porto, o máis importante do país, exportou xute e te, e importou trigo, metais e maquinaria. Segundo centro industrial do país con industria moi diversificada. Descuberta polos portugueses no s XVI, foi denominada Porto Grande.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
División de Bangladesh (33.771 km2; 7.757.334 h [1991]). A capital é Chittagong.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da China (82.000 km2; 30.420.000 h [estim 1998]), na rexión do suroeste.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Hamgyeong Setentrional, na República Democrática Popular de Corea, situada a carón do mar do Xapón (582.480 h [1987]). A súa economía baséase na industria e no comercio. O seu porto é un importante centro exportador de madeira e conservas de peixe.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Ch’ungch’ŏng Setentrional, na República de Corea, ao SL de Seúl (531.376 h [1995]). A produción de papel é o elemento máis destacado da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da República de Corea (8.759 km2; 1.767.105 h [1995]). A capital é Taejŏn.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da República de Corea (7.437 km2; 1.396.481 h [1995]). A capital é Ch’ŏngju (531.376 h).