Caulonga Pereira, Xesús Antonio

Caulonga Pereira, Xesús Antonio

Artista plástico, fillo de Ventura Caulonga. Estudiou belas artes na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, baixo a dirección de Asorey; coñeceu a escola de pintura de Tito Vázquez e completou a súa formación con Roberto González del Blanco. Dende 1956 residiu en Madrid onde asistiu ás clases do Círculo de Bellas Artes. Traballou no taller do gravador Dimitri Papageorgius. Cultivou o debuxo, o gravado e a escultura e, sobre todo, a pintura ao óleo. Interesado polos primitivos renacentistas, a pintura flamenga e as últimas vangardas, buscou a plasmación da realidade e dos soños do home. Realizou traballos de restauración na catedral de Friburgo e as escenas dos baixorrelevos que decoran os bancos da Plaza Mayor de Madrid. As súas creacións están en diversos museos galegos, nacionais e internacionais.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela