"ORGA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

  • Holding financeiro estadounidense creado en 1968. En 1959 J. P. Morgan and Co fusionouse co Guaranty Trust Co e constituíuse o Morgan Guaranty Trust Company of New York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e lóxico inglés. Tratou, desde o punto de vista filosófico, os conceptos de número e magnitude. As súas contribucións máis importantes foron no campo da lóxica simbólica e, xunto con G. Boole, pódese considerar o impulsor desta nova corrente durante a primeira metade do s XIX. Traballou na fundamentación da teoría das relacións e na explicación das bases sobre as que posteriormente se construíu a lóxica matemática. Publicou Elements of Arithmetic (1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo. Traballou na University of Bristol, foi un dos fundadores da psicoloxía comparada e estableceu o canon de Morgan (1894), onde afirmou que ningunha actividade animal debe interpretarse en termos de procesos psicolóxicos superiores mentres se poida facer cos inferiores da escala evolutiva. Da súa produción destacan Animal Life and Intelligence (1890-1891), Introdution to Comparative Psychology (1894) e The Animal Mind (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Corsario. Elixido almirante polos bucaneiros en 1666, dirixiu unha expedición (1668) que destruíu Puerto Príncipe (Camagüey) e Portobelo, e outra en 1670 que se apoderou da cidade de Panamá. Carlos II de Inglaterra nomeouno lugartenente xeral de Xamaica (1674), cargo do que o desposuíron en 1683 por abuso de poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Financeiro estadounidense. Continuou a obra iniciada polo seu pai, Junius Spencer Morgan (West Springfield, actual Holyoke, Massachusetts 14.4.1813-8.4.1890), coa creación do banco J. P. Morgan and Co, grazas ao que se introduciu no financiamento das primeiras industrias estadounidenses. Superado o período de posguerra, en que foron combatidas as prácticas monopolistas, o grupo reapareceu na década de 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leis dadas, en lóxica de enunciados, polas equivalencias seguintes: non (P e Q) = (non) P ou (non) Q, e non (P ou Q) = (non P) e (non Q); e en teoría de conxuntos, lei dada polas igualdades qAq3qB =qA Symbol >∪ qB   e   qAq Symbol >∪ qB= qA3qB, onde as barras indican os conxuntos complementarios. As leis de Morgan cúmprense en calquera álxebra de Boole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etnólogo. Foi un dos principais representantes da teoría evolucionista no terreo da antropoloxía cultural. Estudou a evolución da familia, o matrimonio, a propiedade e o estado a través das épocas e os pobos, e afirmou que hai tres etapas culturais que marcan o progreso da humanidade, o salvaxismo, a barbarie e a civilización. Escribiu Ancient Society (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Simone Roussel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo estadounidense. Estudou na Universaty of Kentucky e na Johns Hopkins University de Baltimore, onde se doutorou (1890), e foi profesor de zooloxía no Bryn Mawr College de Pennsylvania (1891-1904), na Columbia University (1904-1928) e no Instituto Tecnolóxico de California. A partir dos seus estudos xenéticos con Drosophila melamogaster, ideou a teoría cromosómica da herdanza e estableceu o primeiro mapa cromosómico dunha especie. Das súas obras destacan Evolution and adaptation (1903), The physical basis of heredity (1919) e Theory of the gene (1926). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina   (1933) polos seus descubrimentos do papel dos cromosomas na herdanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo estadounidense. Foi autor dunha clasificación para as galaxias que incluíu o tipo espectral, e a forma e orientación da galaxia respecto á liña de visión desde a Terra. Fixo tamén importantes achegas ao estudo das galaxias ricas en estrelas novas (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe lendario da tradición céltica e do ciclo da Táboa Redonda. Nos mitos británicos é a inimiga do Rei Artur e algunha lenda afirma que foi ela quen roubou a espada Escalibur. Apareceu por primeira vez en Vita Merlini (1151?), de Geoffrey de Monmouth, como unha feiticeira que tiña a capacidade de curar as feridas do seu medio irmán, o Rei Artur. Presente en toda a literatura cabaleiresca posterior, deu nome ao fenómeno da fata morgana, provocado pola refracción anómala da luz na atmosfera nas proximidades da terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao matrimonio dun soberano ou un príncipe cunha persoa de rango inferior.

    2. Aplícase á persoa de rango inferior que casaba cun príncipe ou un soberano. Esta unión podía levar á perda dos dereitos á coroa dos contraentes e dos seus descendentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade do berilo de tonos rosados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do S de Gales, Reino Unido. Administrativamente está dividida nos condados de Canol Morgannwg, capital Merthyr Tydfil (55.800 h [estim 2000]), Morgannwg, capital Cardiff (327.500 [estim 2000]) e Gorllewin Morgannwg, capital Swansea (230.300 h [estim 2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edward Williams.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘chourizo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no palacio episcopal de Astorga, inaugurado en 1963. Acolle unha colección composta por esculturas medievais de madeira policromada, así como unha importante mostra de ourivaría renacentista e barroca. As obras están vinculadas, en maior ou menor medida, coa peregrinación a Santiago de Compostela. Destacan as tallas románicas, as cruces procesionais, os cálices e as custodias. Acolle tamén unha mostra de artistas leoneses contemporáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de organismos que se encargaron de resolver o problema dos refuxiados despois da Primeira Guerra Mundial. Colocada, ao principio, baixo a autoridade de Fridtjof Nansen (1921-1924), estivo despois ligada á Oficina Internacional do Traballo (1925-1929). En 1931 a Sociedade de Nacións creou a Oficina Internacional Nansen para os Refuxiados, que se encargou de proseguir a obra desta organización, ata a súa liquidación en 1938.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Francis Bacon que se publicou en 1620 e que se presentou xa en 1612 en Cogitata et visa. Precedida dunha autobiografía intelectual, consta de dous libros de aforismos sobre a interpretación da natureza e o reino do home, que formaban a segunda das cinco partes da Instauratio Magna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Paradela e Requeixo (Manzaneda). O seu cumio acada os 1.057 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO