Nansen, organización

Nansen, organización

Conxunto de organismos que se encargaron de resolver o problema dos refuxiados despois da Primeira Guerra Mundial. Colocada, ao principio, baixo a autoridade de Fridtjof Nansen (1921-1924), estivo despois ligada á Oficina Internacional do Traballo (1925-1929). En 1931 a Sociedade de Nacións creou a Oficina Internacional Nansen para os Refuxiados, que se encargou de proseguir a obra desta organización, ata a súa liquidación en 1938.

Palabras veciñas

Nansa | Nansen, ampola de | Nansen, Fridtjof | Nansen, organización | nansú | Nanterre | Nantes