"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
PERSOEIRO
Rei de Galicia e León (999-1028). Neto por parte de nai de García I de Castela e fillo de Vermudo II (Vermudo), herdou o seu trono no 999 con só cinco anos de idade. Durante a súa minoría foi criado pola súa nai, dona Elvira, e o conde galego Menendo González, ao que se opuxo o conde de Castela Sancho García, desexoso da tutela do neno rei, que de facto, implicaba detentar a rexencia; os enfrontamentos polo poder entrambos condes, sumados aos ataques de Abd al-Malik Yusuf al-Muzaffar, conformaron un período inestable que remataría coa decisión da súa nai de proclamar a maioría de idade do rei á morte de Menendo González, no inverno do 1007 ao 1008, e coa morte de Abd al-Malik no mesmo 1008. Durante o período de rexencia e os primeiros tempos do reinado de Afonso V, os anos do cambio de milenio, Galicia viviu un período de inseguridade no que aos conflitos entre os reinos cristiáns da Península Ibérica se sumaron as razzias de Almanzor que tomou Compostela pola forza, e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de León (1065-1109), de Galicia (1071-1109) e de Castela (1072-1109). Herdou o Reino de León e orientou a súa política exterior á reunificación do reino do seu pai Fernando I o Grande, que dividira o seu reino entre os seus fillos do seguinte xeito: Castela para Sancho, León para Afonso e Galicia para García. Iniciou este proceso de reunificación anexionando o Reino de Galicia. Para acadar este obxectivo atacou ao rei mouro de Badajoz, vasalo de García; logo acudiu a Galicia, en apoio do seu irmán, que estaba enfrontado con Nuno Menéndez -conde galego sublevado-, conseguindo que García lle rendese vasalaxe; así mesmo, alíase co seu irmán Sancho, que tamén pretendía o Reino de Galicia, a cambio dunha parte do territorio conquistado. Malia as alianzas entre Afonso e Sancho, co gallo de conquistar Galicia, estes dous irmáns enfrontáronse na Batalla de Volpejar, onde Afonso caeu prisioneiro e se fixo con todo o reino paterno; sen embargo, Afonso acadou o Reino de Castela logo do...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Galicia (1111-1157) e de León e Castela (1126-1157). Fillo da Raíña Urraca e de Ramón de Borgoña. Ao morrer seu pai quedou ao coidado de Pedro Froilaz, conde de Traba, e da súa muller. O conde de Traba, en defensa dos dereitos proclamados por Afonso VI, proclamou Rei a Afonso Reimúndez con todos os seus dereitos e como tal foi recoñecido pola maioría dos nobres galegos. Este feito provocou as primeiras loitas polo poder entre os partidarios de Urraca e os de Afonso Reimúndez que se resolveron favorablemente para Afonso, quen foi solemnemente coroado Rei de Galicia no ano 1111 na catedral de Santiago de Compostela, logo de asinar un tratado na beira do Tambre polo que se xuraron alianza e dividiron os seus estados para gobernar con total independencia. Á morte de Urraca subiu ao trono de León. Dende ese momento iniciou unha política territorial expansionista que iniciou coa toma de Burgos (1127), que motivou un enfrontamento con Afonso I de Aragón. Froito desta pugna concertou os...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Castela (1158-1214). Fillo de Sancho III e de Branca de Navarra. Concertou o Tratado de Cazola (1179) con Afonso II de Aragón, que delimitaba as zonas da conquista; quen interveu nas loitas de Afonso VIII contra Sancho VI de Navarra e na conquista de Cuenca (1177). Despois distanciouse de Afonso II, xa este asinara o Pacto de Huesca (1191) contra Castela. Pedro I restableceu as relacións e loitou con Afonso VIII contra Navarra e León. Os almohades derrotaron o Rei de Castela na Batalla de Alarcos (1195); sen embargo, nas Navas de Tolosa (1212) foron vencidos polos reis de Aragón, Castela e Navarra. Afonso VIII incorporou Araba e Gipuskoa a Castela (1200) e conseguiu a posesión case total da Gascuña. Dende a perspectiva cultural, é importante o apoio que prestou ao movemento monástico, así como a fundación de escolas catedralicias e do Estudio General de Palencia. Entre os trobadores occitanos que pasaron pola súa corte ou fan referencia a este monarca atópanse algúns tan destacados...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Galicia e León (1188-1230). Fillo de Fernando II e Urraca de Portugal. A Curia Rexia, reunida en León no ano 1088, recóñeceo como Rei fronte a Sancho, proposto por Urraca, e coróao solemnemente como Afonso VIII de Galicia e León. Para falar deste Rei cómpre principiar facendo unha observación historiográfica que permita resolver confusións e evitar erros. A presenza de dous Afonso VIII nas liñas sucesorias dos reinos independentes de Galicia, León e Asturias -con numerosos reis comúns- e de Castela motivou que o Afonso VIII de Galicia e León fose chamado pola historiografía española, cando decidiron inventar a listaxe dos reis de España, Afonso IX. Deste xeito, dábase unha imaxe de unidade histórica á Coroa de Castela dende a época de don Paio que non obedece máis que a un intento de mistificación da sucesión monárquica dos reis de Galicia. A Curia Rexia que coroa Rei a Afonso, á que asisten por vez primeira burgueses representantes das cidades, é ben significativa da política...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Castela e de León (1252-1284). Fillo de Fernando III e de Beatriz, filla de Filipe, duque de Suabia. Reinando aínda Fernando III participou en diversas empresas guerreiras e diplomáticas que deron como resultado a conquista do Reino de Murcia e o Tratado de Almizra (1244). Durante o seu reinado soubo combinar o exercicio do poder co cultivo dos saberes. Foi un político ambicioso e un hábil militar. A súa política exterior estivo caracterizada por continuos enfrontamentos e polo desexo de engrandecer os límites territoriais do Reino. A súa relación co Reino de Murcia foi motivo de tensións cos reis de Aragón, principalmente con Xaime I. Continuou a guerra con Portugal co obxecto de apropiarse do Algarve (1253), sen embargo, rematou renunciado a ese territorio. Obtivo a vasalaxe de Teobaldo II de Navarra (1254). Renunciou ao ducado de Gascuña e cedeuno (1254) á súa irmá Leonor, muller de Eduardo, herdeiro de Enrique III de Inglaterra. Proseguiu a conquista de Andalucía (conquistou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Castela e León (1312-1350). Fillo de Fernando IV e de Constanza de Portugal. Nas pugnas pola súa titoría fixo un papel moderador a avoa do Rei, María de Molina, que confinou a Afonso en Valladolid. Declarado maior de idade en 1325, iniciou unha política de man dura contra os nobres sediciosos. Baixo o seu Reinado, levantáronse en Galicia novas casas que acadaron gran poder: os Castro, os Sarmiento, os Osorio, os Andrade, os Deza, etc. Os nomeamentos que outorgou en Galicia e no resto do seu Reino provocaron numerosas revoltas. Confirmou o Arcebispo de Santiago como capelán maior do Real Pazo e chanceler do Reino de León, así como aos seus sucesores. Non lle concedeu, sen embargo, o señorío da cidade e a súa terra. Afonso de la Cerda rendeulle homenaxe (1331) e puxo fin ao preito dinástico. Proseguiu a conquista; o Rei de Granada solicitou o auxilio do Sultán de Marrocos, que se apoderou de Gibraltar. Cercada Tarifa, unha escuadra marroquí derrotou á castelá (1340). Afonso obtivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de España (1874-1885). Fillo de Isabel II e do Rei consorte Francisco de Asís, tivo que desterrarse aos 11 anos tralo triunfo da Revolución de Setembro (1868) que destronou a súa nai. No desterro foi educado nos máis variados ambientes da Europa da súa época, pasando dende o tradicionalismo austríaco ata o parlamentarismo británico. Casou coa súa curmá María das Mercedes de Orleáns, falecida pouco despois; coa súa segunda dona, María Cristina de Habsburgo-Lorena, sobriña do Emperador Francisco Xosé, tivo dúas fillas e un fillo póstumo, Afonso de Borbón e Habsburgo-Lorena. Trala renuncia de Isabel II (1870) recibe os dereitos á Coroa española. Este feito constitúe un intento organizado polos monárquicos españois, agrupados en torno o Partido Afonsino de Cánovas, que contaba con elementos moderados e unionistas opostos á opción de Amadeo de Savoia, para conservar os dereitos da dinastía Borbón sobre o Reino de España. O Golpe de Estado do Xeneral Pavía, ao disolver as Cortes en xaneiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de España (1886-1931). Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena. Casou coa princesa británica Enna de Battengerg, que adoptou o nome de Victoria Euxenia, o 31 de maio de 1906; no mesmo día foron obxecto dun atentado anarquista perpetrado por Mateo Morral. Durante a Rexencia (1885-1902) da súa nai tivo lugar a derrota diante dos EE UU, que significou a perda das colonias insulares de Cuba, Porto Rico e Filipinas. Así mesmo, ese feito provocou unha reacción nacionalista española que ten a Xeración do 98 como máximo expoñente. Dende o momento en que se fixo cargo do poder, amosou un talante oposto ás limitacións constitucionais e unha fonda compenetración co estamento militar. A política interior de Alfonso XIII estivo marcada polos numerosos conflitos que xurdiron ao longo do seu reinado. Durante os primeiros anos do seu reinado formou goberno con Silvela, Maura e Canalejas, que cun espírito rexeneracionista procuraban renovar o sistema de quendas herdado do...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor portugués ao servizo dos reis Manuel I e Xoán II. Dirixiu un prestixioso taller en Lisboa, dende onde exerceu unha fonda influencia na pintura portuguesa do seu tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Segrel galego supostamente orixinario de Negreira e de cronoloxía sen confirmar. Sábese que en 1246 participou na toma de Jaén, na súa condición de escudeiro; non obstante con respecto á súa categoría social, parece mellor consideralo como segrel en base á súa vida disoluta. O momento de maior produción artística (1240-1250?) dáse na Corte de Fernando III onde coincide con outros trobadores como: os portugueses Martin Soarez, Roi Gomez de Briteiros, Gonçal’ Eanes do Vinhal e Johan Soarez Coelho, e os galegos Pero da Ponte e Pero Garcia d’ Ambroa. Cultivou os tres xéneros maiores da lírica galego-portuguesa, cun total de vinte e unha cantigas atribuíbles, e outra máis de dubidosa adscrición, conservadas nos cancioneiros copiados en Italia, no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: unha cantiga de amor, tres de amigo, dezasete satíricas (dezaseis de escarnio e maldicir e unha tenzón) e outra incompleta que non nos permite precisar o xénero...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, actor de dobraxe e presentador de televisión. Comeza a súa andaina teatral co grupo Máscara 17 para logo integrarse en Artello, participando nos diversos espectáculos presentados pola compañía viguesa. Traballou co Centro Dramático Galego en espectáculos como Woyzeck (1984), Os vellos non deben de namorarse (1985), Hamlet (1991), Valle-Inclán 98 (1998) ou O florido pénsil (2011). Como presentador, traballou na Televisión de Galicia e en Televigo.
VER O DETALLE DO TERMO
Actualmente é coñecido polo seu traballo en publicidade, cine e televisión. Destaca o seu papel protagonista no anuncio publicitario de Ratribrom. Entre os seus traballos en televisión destacan Pratos combinados, Terra de Miranda, Serramoura ou Fariña (2018). Do seu traballo no cine destaca Heroína (2005), A... -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en 1921 na illa de Ons (Bueu). Foi a primeira asociación de carácter económico-laboral que se formou na illa. Organizaba os colonos que se dedicaban exclusivamente a traballos de subsistencia agrícola e á tradicional pesca do polbo. Aparece no período de extensión do sindicalismo mariñeiro de clase en Galicia (1910-1930), e quizais se tivese organizado para defender a economía insular do réxime de explotación privada á que a sometían os donos do arquipélago.
-
PUNTA
Punta máis setentrional do cabo Ortegal, na parroquia e concello de Cariño.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que marca o límite das parroquias e termos municipais de Quireza (Cercedo), Souto (A Estrada), e Morillas (Campo Lameiro). Ten 766 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático, crítico e poeta ruso. Ideólogo da eslavofilia. Escribiu especialmente sobre gramática histórica rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Foi profesor de Dereito en Perpiñán. No 1763 foi a París onde exerceu de lugartenente xeral da Policía (1775) e conselleiro de Estado fronte ao Ministerio Turgot. É autor de Lettres d’ un avocat (Cartas dun avogado, 1765) entre outras obras, moitas das cales se perderon.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador das Indias portuguesas (1508-1515). Fundador do imperio colonial portugués, no 1506 explorou a costa de Madagascar, monopolizou o comercio das especias procedentes das Molucas desviándoo do Mediterráneo coa ocupación de Adén, Socotra e Ormuz; no 1510 someteu Calcuta, Goa, Malabar, Sri Lanka e Malaca, dende onde mandou expedicións cara a Xava, ás Molucas (1511) e aos mares da China.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Adiantado Maior do Reino de Galicia na época do Rei Sancho IV de Castela. Apoiou o infante don Xoán, irmán do Rei, na procura da Coroa de Galicia e conseguiu liberalo cando estaba preso ao aliarse co Rei de Portugal don Denís e cos señores galegos fronte a don Sancho. O Rei perdooulle o seu acto de rebeldía, pero nun posterior alzamento a prol do infante fixo que acabara en prisión. Salvou a vida mercede á mediación da raíña María de Molina, parente súa e rexente trala morte de Sancho, e ao apoio da nobreza galega e leonesa. Despois de prestar xuramento de fidelidade a Fernando IV e non cumprilo, marchou a Portugal e entrou ao servizo do Rei don Denís.
VER O DETALLE DO TERMO