"Orro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 157.

    1. Parte do pan situada nos extremos deste ou na parte superior do molete.

    2. Anaco pequeno da codia do pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de corroer ou corroerse.

    2. Deterioro superficial dos metais causado por axentes químicos. Cómpre que un electrólito estea en contacto co metal (ánodo), feito que provoca que este se ionice e disolva, mentres que os electróns neutralizan os anións da disolución que precipitan. A reacción fundamental é M+A + →M + +A. A cantidade de M disolta é proporcional ao fluxo de electróns, que, á súa vez, é función do potencial e da resistencia do metal. Para que a reacción sexa continua, os produtos dela deben irse eliminando das zonas anódica e catódica. O axente de corrosión máis importante é o potencial que se establece entre dous metais en contacto, mergullados nun electrólito que dependa da natureza química do ánodo e do cátodo; neste caso, o primeiro resulta atacado (corrosión galvánica), mentres o segundo queda protexido (protección catódica). A velocidade de corrosión diminúe pola polarización catódica e aumenta pola axitación...

    3. Forma de erosión das rochas, pola acción química da auga e dos ácidos que esta leva disoltos. A auga é o medio no que adoitan actuar estes axentes, normalmente por disolución. Os relevos cársticos son unha forma de corrosión das rochas calcarias, do mesmo xeito que ocorre co xabre e co granito. Tamén se denomina erosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ou quen ten a capacidade de corroer.

      2. sublimado corrosivo

        Antiséptico constituído por cloruro mercúrico (Cl 2 Hg) diluído en auga e alcol. Emprégase en pequenas doses e coñécese tamén como licor de Van Swieten.

    1. Que critica dunha forma irónica e ferinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dialecto principal do romanés, subdividido en moldavo e valaco. Chámase así porque comezou a desenvolverse na antiga provincia romana de Dacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sanxenxo baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sanxenxo. Construíuse en 1764 no terreo que ocupou unha antiga igrexa de posible orixe románica. Ten planta rectangular dividida en dous tramos: no primeiro destaca a bóveda de canón e no segundo un cun corpo pegado que funciona como sancristía. Na fachada sobresae a espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A sociedade cultural Edicións O Paporroibo creouse o 17 de xuño de 1992 co obxectivo de promocionar escritores, creadores de arte e investigadores vinculados ás terras do Ortegal. Presidida por Manuel López Foxo, conta coa coordinación de Obdulia Dopico Cachán. Edita fundamentalmente libros de contos e poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido ríxido de algodón, fibra ou doutro material semellante que se emprega en confección para darlle grosor ou corpo a certas partes das pezas de vestir, como colos, puños ou lapelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘espallar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Participou na Conspiración dos Numantinos, de carácter liberal, e exiliouse en 1824. Regresou a España en 1826. Entre 1847 e 1856 foi ministro da Gobernación, comisario real nas Filipinas e ministro plenipotenciario en Berlín. Cultivou a novela histórica á maneira de Walter Scott (El Conde de Candespina, 1832), lendas en verso (El bulto vestido de negro capuz, 1835) e dramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cobertura de diversos materiais que se pon pola parte interior ou exterior de algo para protexelo ou reforzalo.

    2. Material co que se forra algo, especialmente un tecido.

    3. Pel empregada para pintar ou representar graficamente a coloración dos escudos.

    4. Tecido sintético de gran protección contra o frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos cartos que se aforraron.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao escravo que logrou a liberdade.

    2. Que está libre ou exento de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘laña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos galorromanos ou á lingua galorrománica.

    2. Conxunto lingüístico románico que comprende as linguas que se falaban na Galia romana: o galorrománico setentrional, ou lingua de öil, o meridional, ou lingua de oc, e o francoprovenzal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos habitantes da Galia romana ata a invasión dos francos.

    2. Natural ou habitante da Galia romana.

    3. Arte desenvolvida na Galia durante o dominio romano. A chegada dos romanos provocou a ruptura coa arte de raigame celta aínda que cunha matización forte da linguaxe clásica. A influencia helénica, fortemente arraigada na Provenza, provocou unha evolución paralela á arte romana de Italia e, ás veces, avanzou solucións que esta presentou máis tarde. As construcións relixiosas, nas que se mostra a barreira entre a relixión romana e os ritos autóctonos, son complexas e non teñen un modelo romano directo. Nos ss I e II d C acadou moita importancia o espallamento dunha cerámica denominada surgálica, fabricada nos obradoiros, que imitaba á sigillata aretina italiana. A extensión do poboamento rural explica a presencia dun gran número de mosaicos nas villae rusticae, ás veces con motivos decorativos autóctonos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de vestir que se emprega para cubrir e abrigar a cabeza e que pode ser de diferentes formas e materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos froitos ou aos animais cativos ou de baixa calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO