galorromano -na

galorromano -na

(< galo- + romano)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos habitantes da Galia romana ata a invasión dos francos.

  2. s

    Natural ou habitante da Galia romana.

  3. arte galorromana [ARTE]

    Arte desenvolvida na Galia durante o dominio romano. A chegada dos romanos provocou a ruptura coa arte de raigame celta aínda que cunha matización forte da linguaxe clásica. A influencia helénica, fortemente arraigada na Provenza, provocou unha evolución paralela á arte romana de Italia e, ás veces, avanzou solucións que esta presentou máis tarde. As construcións relixiosas, nas que se mostra a barreira entre a relixión romana e os ritos autóctonos, son complexas e non teñen un modelo romano directo. Nos ss I e II d C acadou moita importancia o espallamento dunha cerámica denominada surgálica, fabricada nos obradoiros, que imitaba á sigillata aretina italiana. A extensión do poboamento rural explica a presencia dun gran número de mosaicos nas villae rusticae, ás veces con motivos decorativos autóctonos.