"Otero" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 108.

  • GALICIA

    Escritor. Emigrou a Arxentina, onde participou en diversas iniciativas culturais. Foi redactor da revista Rianxo e membro do comité de prensa do diario Galicia en Bos Aires. É autor de Ideas Novas (1926), O Moucho e O feitizo da gaita (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista, fillo do compositor galego Emilio Otero Val. Foi un membro destacado da coral Airiños da Terra, do Centro Gallego de Santander. Autor de diversas obras musicais, entre as que destacan a foliada A muller de Roque e a muiñeira Meigas de Campos, nos seus concertos como solista destacou polo seu repertorio galego. Por este labor recibiu a medalla de ouro do Apóstolo Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestra e pianista, filla do compositor galego Emilio Otero Val. Formou parte da coral galega Airiños da Terra, do Centro Gallego de Santander, onde organizou un grupo de baile e a sección feminina de gaitas. Recibiu, xunto ao seu irmán, a medalla de ouro do Apóstolo Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Profesora titular de filosofía do dereito, desde 1989, e decana da facultade de Dereito da Universidade de Santiago Compostela desde 2002, escribiu El poder y los ciudadanos (1998), Alfredo Brañas, universitario (1999), Valores constitucionales. Introdución a la Filosofía del Derecho: axiología jurídica (1999) e La filosofía del derecho penal en la Universidad de Santiago: (1800-1970) (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación cultural creada en 1979 e que se estableceu no Pazo Museo Otero Pedrayo, en Trasalba (Ourense). Declarada pola Xunta de Galicia Fundación de Interese Galego, ten como obxectivo manter vivo o recordo literario e científico de Ramón Otero Pedrayo. Promoveu a creación da Asociación de Amigos de Otero Pedrayo e conta cun Centro de Estudios Oterianos para o estudo da obra do autor. Ao longo da súa existencia realizou diversas publicacións, e outorga os Premios Trasalba a personaxes galegos relevantes, coincidindo a presentación e a entrega dos premios coa conmemoración do pasamento do autor ourensán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Trasalba (Ourense), na casa que fora propiedade de Otero Pedrayo e que se converteu, tras a súa morte, en sede da Fundación Otero Pedrayo, así como da exposición dos que foran os obxectos persoais do autor e a súa biblioteca persoal. Pertence ao Consello Galego de Museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón instituído en 1977 polas Deputacións Provinciais de Galicia para homenaxear a figura de Ramón Otero Pedrayo. De carácter anual, outórgase a una institución ou persoa que se distingue polo seu labor cultural. Recibiron este premio, entre outros, os monxes do mosteiro de Oseira (1997), o Museo do Pobo Galego (1998), Manuel María e Uxío Novoneyra (1999), a Fundación Barrié de la Maza (2001) e a Hermandad Gallega de Venezuela (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Membro do grupo Nós, consolidou a prosa galega, especialmente a novelística, e foi o iniciador dun novo teatro en Galicia. Era fillo do médico e deputado provincial Enrique Otero Sotelo e de Eladia Pedrayo Ansoar. A súa familia pertencía a unha antiga fidalguía rural que se acomodaba naqueles anos nunha rúa típica da incipiente burguesía ourensá dedicada a profesións liberais e cun nivel cultural alto. O seu avó materno exercera como avogado de prestixio na cidade, mentres que o paterno fora un militar próximo a Espartero desterrado a Barbantes. Curiosamente, o pai de Otero Pedrayo defendera ao mesmo Curros Enríquez dos ataques dos sectores máis conservadores da cidade. Por outra banda, o seu fogar foi sempre punto de encontro para o debate e a conversación de diversas figuras intelectuais da época, como Emilia Pardo Bazán. As referencias fidalgas da familia manifestábanse na casa que os seus parentes tiñan en Trasalba, preto da capital das Burgas, e que, xunto á propia cidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Comezou en Radio Miramar de Barcelona (1980), de onde pasou á COPE, onde dirixiu e presentou Crónica del alba (1983), e despois a TVE, onde foi responsable dos programas Una historia particular (1987), 3 X 4 (1988-1989) e La Luna. En 1991 dirixiu e presentou La Ronda en TVE-1 e volveu á radio con La radio de Julia (1991-1999) en Onda Cero. Desde outubro de 2000 dirixiu e presentou La Columna en TV3 para volver a TVE en 2004 co programa Las cerezas. Recibiu o Premio Ondas (1989 e 1994), a Antena de Oro (1989 e 1994), o Premio da Asociación Profesional de Prensa, Radio e TV (1999) e o Premio Micrófono de Oro (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e escritor. Foi tenente coronel do Exército, oficial primeiro do Archivo de la Capitanía General de Cuba e gobernador de Manzanillo na illa. Tras a perda de Cuba estableceuse en Cádiz. Colaborador de El Eco de Galicia, Follas Novas e Galicia, escribiu Memoria sobre los voluntarios de la isla de Cuba (1876), Semblanzas caballerescas o Las nueve aventuras de don Quijote de la Mancha (1886), Mirand’o Ceo (1898), A campaña de Caprecórneca (1898), que xa fora publicada por entregas na Biblioteca do Semanario Galego Follas Novas e asinada co pseudónimo de L. de Outeiro; As campanas de Duxame (1906), En honor de Galicia (1907), e os dramas Camiño de Santiago (1904) e Un gran coronel (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Redactor do xornal Arriba, foi subdirector e director da revista Interviú. Guionista de radio e televisión, foi colaborador da revista El Jueves. A partir da década de 1980 comezou a publicar sarcásticas recompilacións de textos educativos do franquismo como foron Al alegre paso de la paz (1996), Mi mamá me mima (1998), La española cuando besa (1999), Fechas y Pelayos (2000) ou El Sexo: no fornicar (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi xefe de sección da oficina de coordinación de transplantes de Galicia. É membro honorífico da Asociación Galega de Investigadores en Ciencias da Saúde. Colaborador en distintas revistas especializadas en ciclismo, publicou Introdución ao ciclismo (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ceramista e escultor. Formouse en Massana (Barcelona) e Sargadelos, e foi un dos membros fundadores do grupo Remol en 1987. Nas súas obras mesturou a iconografía popular coa tradición escultórica moderna. Empregou materias autóctonos para crear as pastas cerámicas, que traballou con distintas técnicas, como o torno ou a modelaxe manual. Da súa produción destacan, entre outras, as series Expresiones e La tierra que habla. Participou en numerosas exposicións colectivas e individuais e a súa obra está presente en museos e coleccións de Europa, EE UU e Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas publicacións como Cuadernos Hispanoamericanos, Faro de España, La Nación, Nueva Estafeta e El Pueblo Gallego. Foi membro do Instituto Español Sanmartiniano-Madrid, da Academia Sanmartiniana de Bos Aires e da Academia Porteña del Lunfardo en Arxentina. Autor dunha extensa obra, a maior parte dela editada polo propio autor, dos seus títulos destacan Presencia de Rosalía (1975), O sorriso de Gardel (1988, Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor 1987), Vuelo sonoro (1990), os libros de relatos Marisma pacífica (1991) e Reloxo de sol (1992); o libro de poemas Oración do náufrago (1991); o drama El elegido (1992); ; A luz do tempo (1994), El cóndor de los Andes (1996) e A la memoria de un ángel (2000). Recibiu o Premio Quiñones de León (1967) e o Premio Nacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Coñecido como Peixe, destacou sobre todo como ilustrador. Traballou no eido das artes plásticas e da comunicación e foi autor do cartel da peza teatral O Despertar, do grupo Maricastaña, así como de ilustracións para a revista Golfiño, La Voz de Galicia e para institucións como o Patronato Rosalía de Castro ou a Sala de teatro A NASA. Ilustrou numerosos libros, dos que destacan Cidades (1997), Mateo (2000), Muller de vidro (2002), Deseñadora de hora en hora (2003) e Anatomía da mentira (2003). Recibiu o Premio de escenografía María Casares (1999) e o Premio de escenografía FETEN-Feria Europea de Teatro para Niños de Gijón (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista. Xogou no Pontevedra Athetic, Vigo Sporting, R. C. Celta de Vigo e R. C. Deportivo de La Coruña. Foi catro veces internacional e formou parte da selección española que gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Anveres (1920). Retirouse en 1931. Recibiu a Medalla al Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora e escritora. Colaboradora da revista Grial, en que publicou artigos sobre Rosalía de Castro e Castelao, é autora do traballo Estruturas narrativas y elaboración lingüística en cuatro novelas de Alejo Carpentier (1998) e coordinadora do volume Lugo, una radiografía (1996). Ademais, escribiu os libros de relatos Relatos (1990), traducido ao castelán en 1991, e A illa (1991), ambos os dous con ilustracións de Ánxel Huete. Neles reflicte algúns dos temas que máis afectan ao ser humano, como a soidade, a ausencia ou a incomunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora. En 1908 acadou o título de mestra superior na Escola Normal de Pontevedra e, posteriormente, ingresou na Escuela Superior del Magisterio de Madrid (1910-1913), onde recibiu a influencia da Institución Libre de Enseñanza, fundamentalmente de Lluís de Zulueta. En 1914 foi nomeada profesora de pedagoxía na Escola Normal de Pontevedra. Coa Segunda República, puxo en marcha a reforma educativa e, ademais, dirixiu a Escola de Maxisterio e presidiu o Consello Provincial de Primeiro Ensino de Pontevedra. No tempo que ocupou este último cargo, leváronse a cabo diversas campañas para o fomento da asistencia dos nenos á escola, impulsouse a creación de centros escolares, ampliouse a educación de adultos, colaborouse coas xuntas municipais na utilización dos campos agrícolas experimentais e dos talleres artesanais e industriais, e fomentouse o estudo e investigación das características xeográficas e culturais de Galicia. Colaborou tamén activamente co Seminario de Estudos Galegos e noutras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. De espírito revolucionario, nas súas obras manifestou a ideoloxía que o levou á loita contra a ditadura de Juan Vicente Gómez, o que o conduciu ao exilio. Iniciou a súa actividade literaria coa novela Fiebre (1941), á que seguiron Casas muertas (1955), Oficina número uno (1961), La muerte de Honorio (1963), Cuando quiero llorar no lloro (1970), as coleccións Prosa completa (1976) e Obra humorística completa (1976), e La piedra que era Cristo (1985). Recibiu o Premio Nacional de Literatura de Venezuela (1955), o Premio Nacional de Periodismo (1959) e o Premio Lenin da Paz (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bibliotecaria e investigadora. Traballou na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela durante 25 anos catalogando e clasificando o seu fondo bibliográfico e ademais reorganizou e ordenou os fondos da Biblioteca América. Publicou varias catalogacións dos fondos da biblioteca universitaria compostelá, entre as que destacan Catálogos de la Biblioteca Universitaria (1944-1967) e Más libros y folletos de la Universidad Compostelana, publicada a título póstumo (1982-1984).

    VER O DETALLE DO TERMO