Otero Rodríguez, Isaac Ángel
Profesor e escritor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas publicacións como Cuadernos Hispanoamericanos, Faro de España, La Nación, Nueva Estafeta e El Pueblo Gallego. Foi membro do Instituto Español Sanmartiniano-Madrid, da Academia Sanmartiniana de Bos Aires e da Academia Porteña del Lunfardo en Arxentina. Autor dunha extensa obra, a maior parte dela editada polo propio autor, dos seus títulos destacan Presencia de Rosalía (1975), O sorriso de Gardel (1988, Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor 1987), Vuelo sonoro (1990), os libros de relatos Marisma pacífica (1991) e Reloxo de sol (1992); o libro de poemas Oración do náufrago (1991); o drama El elegido (1992); ; A luz do tempo (1994), El cóndor de los Andes (1996) e A la memoria de un ángel (2000). Recibiu o Premio Quiñones de León (1967) e o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba (1981).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vigo