"PCI" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 73.

  • Partito Comunista Italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de percibir algo a través dos sentidos ou por medio da intelixencia. Como momento do proceso cognoscitivo intermedio entre a pura sensación e a aprehensión puramente intelectual, a percepción estivo diversamente interpretada, segundo as diferentes doutrinas gnoseolóxicas, como afín e próxima á sensación ou á intelección. Así, Locke estableceu a percepción coma un acto propio do mesmo intelecto, mentres que Leibniz distinguiu entre a percepción e a apercepción, ou consciencia; na filosofía máis recente, a maior ou menor vinculación da percepción á sensación ou á intelección vén determinada, respectivamente, polo feito de que a actitude última sexa realista ou idealista. Propiamente, os tres momentos do proceso cognoscitivo no home son inseparables, e han de tomarse, segundo Hegel, como dialecticamente interrelacionados.

      2. percepción extrasensorial

        Información ou coñecemento supostamente adquirido por vías diferentes dos sentidos.

    1. Recepción e elaboración nos centros nerviosos dunha impresión dos sentidos.

      1. Operación e resultado de percibir algo nun aparato de alta precisión.

      2. percepción remota

        teledetección.

    2. Acción de percibir ou recibir diñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz. Coñecida co nome artístico de Conchita Piquer, destacou pola beleza e a potencia da súa voz, rica en matices, e pola elegancia nos escenarios. Cultivou preferentemente a copla e nas súas cancións introduciu abundantes elementos folclóricos andaluces. Dos seus temas máis destacados cómpre salientar “La Parrala”, “Eugenia de Montijo”, “La otra” e “María de las Mercedes”. Tamén actuou en diversos filmes, como El negro que tenía el alma blanca (1927) e Filigrana (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de alguén mercar algunha cousa antes ca outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de recibir.

    2. Acto solemne en que certas personalidades desfilan diante dunha autoridade.

    3. Reunión, con carácter de festa, que se celebra nalgunhas casa particulares, entidades ou corporacións.

    4. Departamento ou dependencia dun hotel, empresa ou lugar público onde se recibe e atende os clientes.

    5. Exame feito ás testemuñas dun xuízo para pescudar a verdade sobre eles.

    6. Captación de ondas hercianas provenientes dunha determinada emisora, mediante un receptor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa encargada da recepción dun hotel, empresa ou lugar público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político ruso, conde de Rostopčin. Axudante de campo do Tsar Paulo I de Rusia, foi mariscal e ministro de Asuntos Exteriores (1798). Contrario á alianza con Francia, foi destituído (1801). Foi gobernador de Moscova (1812).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagoga. Comezou os estudos de maxisterio en Santiago de Compostela e rematounos en Madrid. Foi profesora da Escuela Superior de Magisterio de Madrid e substituíu a Pedro de Alcántara na cátedra de pedagoxía da Asociación para la Enseñanza de la Mujer. Participou no Congreso Nacional Pedagógico de 1882 en defensa da educación da muller. Pertenceu á ILE e organizou as súas colonias. Escribía en La Escuela Moderna e publicou varios libros, de tema pedagóxico fundamentalmente, Cartas pedagógicas. Ensayo de psicología pedagógica (1895), ultimou a edición do tomo V de Teoría y práctica de la educación y la enseñanza de Alcántara y García (1908), Lecturas escolares (1913-1928), Dos meses por las escuelas de Londres (1911), como consecuencia da súa estadía en Londres onde estudou a sección pedagóxica franco-británica, e El método de la escuela renovada de Milán (1930). Tamén publicou Un episodio que no escribió Galdós. La Revolución...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción que se realiza en segredo.

    2. Ocultación dun feito, especialmente para obter aquilo que doutra maneira non se consegue.

    3. Pretensión de cargo, privilexio ou dignidade, feita con fraude, alegando feitos e circunstancias alleas á verdade. OBS: A súa pronuncia é sub-repción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñeceu Sudán entre 1899 e 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Plácido, a súa poesía estivo moi influída polo romanticismo español e foi recollida no volume titulado Poesías Completas (1886), con 210 composicións inéditas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao NO da capital provincial (6.950 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO