percepción

percepción

(

  1. [FILOS/PSIC]
    1. s f

      Acción e efecto de percibir algo a través dos sentidos ou por medio da intelixencia. Como momento do proceso cognoscitivo intermedio entre a pura sensación e a aprehensión puramente intelectual, a percepción estivo diversamente interpretada, segundo as diferentes doutrinas gnoseolóxicas, como afín e próxima á sensación ou á intelección. Así, Locke estableceu a percepción coma un acto propio do mesmo intelecto, mentres que Leibniz distinguiu entre a percepción e a apercepción, ou consciencia; na filosofía máis recente, a maior ou menor vinculación da percepción á sensación ou á intelección vén determinada, respectivamente, polo feito de que a actitude última sexa realista ou idealista. Propiamente, os tres momentos do proceso cognoscitivo no home son inseparables, e han de tomarse, segundo Hegel, como dialecticamente interrelacionados.

    2. percepción extrasensorial

      Información ou coñecemento supostamente adquirido por vías diferentes dos sentidos.

  2. s f [FISIOL]

    Recepción e elaboración nos centros nerviosos dunha impresión dos sentidos.

  3. [TECNOL]
    1. s f

      Operación e resultado de percibir algo nun aparato de alta precisión.

    2. percepción remota

      teledetección.

  4. s f

    Acción de percibir ou recibir diñeiro.

Palabras veciñas

percebella | Percebellosa | percentil | percepción | perceptíbel | perceptibilidade | perceptible