perceptibilidade

perceptibilidade

(

  1. s f

    Calidade de perceptible.

  2. s f [LING]

    Grao de audibilidade dun son nunhas condicións acústicas dadas. Segundo este parámetro, os sons dunha lingua poden clasificarse nunha escala que vai desde o máis ao menos perceptible. As vogais son máis perceptibles ca as consoantes. Dentro das vogais, os sons abertos son máis perceptibles ca os pechados. Entre as consoantes, son máis perceptibles as sonoras ca as xordas, e as consoantes vibrantes, laterais e nasais máis ca as propiamente fricativas, e estas, á súa vez, máis perceptibles ca as oclusivas.

Palabras veciñas

percentil | percepción | perceptíbel | perceptibilidade | perceptible | perceptivo -va | perceptor -ra