"RNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • CIDADES

    Cidade do condado de Cumbria, no N de Inglaterra, Reino Unido (61.704 h [1981]). Está situada na península de Furness, fronte á illa de Walney, á beira do mar de Irlanda. Pequeno porto pesqueiro, experimentou un notable desenvolvemento na segunda metade do s XIX, a raíz do descubrimento en 1847 de dúas minas de ferro. A explotación destes xacementos acompañouse da localización de industrias siderúrxicas (altos fornos) e metalúrxicas (construción naval).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e narrador inglés. Aos vinte anos publicou a obra The two sisters (As dúas irmás, 1925). É autor tamén das novelas The poacher (O cazador furtivo, 1935), Love for Lydia (Amor por Lidia, 1951), The sleeples moon (A lúa durminte, 1956) e The darling buds of May (O cariñoso compañeiro do poder, 1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bearn ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Bearn.

    3. Salsa elaborada con manteiga, ovos, viño branco, cebola de Ascalón e pirixel, que se usa como acompañamento de carnes e peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónoma irlandesa. Realizou investigacións de Astrofísica empregando todas as zonas do espectro (1974-1982) e, dende 1982, astronomía óptica, infravermella e radiomilimétrica. Traballando en Cambridge cun radiotelescopio capaz de detectar variacións rápidas dos sinais descubriu, en 1967, unha fonte radioemisora flutuante, identificada posteriormente por A. Hewish como un púlsar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo. Deuse a coñecer con Una vella, coneguda olor (Un vello, coñecido olor, 1964), Premio Josep M. de Sagarra 1963. O seu teatro de inspiración realista, baséase a miúdo en técnicas de orixe literaria. Entre as súas obras destacan: Revolta de bruixes (Revolta de bruxas, 1976), Quan la ràdio parlava de Franco (Cando a radio falaba de Franco, 1980), El manuscrit d’Alí-Bey (O manuscrito de Alí-Bey, 1985), Desig (Desexo, 1991), Carlota i la dona de neu (Carlota e a señora de neve, 1992), E. R. (Premio Nacional de Teatro, 1995) e Testament (Testamento, 1996). Cultivou o teatro infantil, é guionista de televisión e foi un dos fundadores da revista Els Marges, onde colaborou como crítico literario. En 1991 obtivo o Premio Nacional de Teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador e poeta alemán. A súa obra caracterizouse pola riqueza anecdótica e por un concepto optimista da actividade creadora. Cómpre remarcar a novela Der Grosstyrann und das Gericht (O gran tirano e o tribunal, 1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome que aparece cando hai unha parálise homolateral do sistema simpático cervical superior. Caracterízase por miose, ptose palpebral, enoftalmia e trastornos vasomotores da metade da cara correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gerald Hugh Tyrwhitt-Wilson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador. Xunto con Robert Cailliau está considerado como un dos creadores do concepto World Wide Web. No ano 1989, ambos deseñaron no Laboratorio Europeo para a Física das Partículas (CERN) un sistema de enlaces entre documentos baseado en conexións hipertextuais. Con este sistema premendo nun determinado fragmento de texto dentro dun documento o ordenador amosaba automaticamente un documento vinculado a el, podendo desde o novo acceder a outros polo mesmo método. En 1990 creou o primeiro navegador e editor de páxinas web.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Berna ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Berna, cidade e cantón de Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao xénero poético, de estilo satírico e burlesco, utilizado por algúns autores da literatura realista italiana a partir de Francesco Berni, de quen deriva o nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi un dos iniciadores do estudo histolóxico das enfermidades da pel e fixo traballos importantes sobre a sarcoidose coñecida como enfermidade de Besnier-Boeck-Schaumann. Escribiu, entre outras obras, Traité de therapeutique appliquée (Tratado de terapéutica aplicada, 1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e político inglés. Fundador do sindicato dos transportistas, converteuse en presidente da Confederación Británica do Traballo (1936-1937). Foi ministro de Traballo no gabinete de Winston Churchill e durante a Segunda Guerra Mundial organizou a mobilización obreira. Foi secretario de Estado para Asuntos Exteriores (1945-1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta dous cornos ou puntas.

    2. Sombreiro de dúas puntas ou cornos, propio da indumentaria dos diplomáticos, dos académicos e dalgúns uniformes militares ou escolares antigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos seres vivos a través dun enfoque propio da cibernética, que parte do feito de darlle ás células, organismos e comunidades, a consideración de sistemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e reporteiro de guerra. Estudiou na Escola de Artes Decorativas da súa cidade natal. Dende 1942 colaborou coa revista Du. En 1945 realizou numerosas reportaxes da Segunda Guerra Mundial en Francia, Alemaña e Holanda, así como outros traballos en Italia e Grecia. En 1948 preparou unha reportaxe para os Xogos Olímpicos de Saint Moritz, traballando para Life, para a que tamén realizou reportaxes dende Xapón, Corea, Hong Kong e Indochina a principios da década dos 50. Foi membro do grupo Magnum a partir do ano 1949.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, poeta e novelista noruegués. Escribiu, entre outras obras, Synnøve Solbakken (1857) e a gran triloxía Sigurd Slembe (1864). O máis importante da súa obra poética, de inspiración popular, foi recollido en Digte og sange (Poemas e cantos, 1870). En 1903 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio de Constantinopla, preto do Corno de Ouro e do extremo setentrional da cidade, que constituía a rexión XIV. Nel residiu a corte imperial bizantina desde o s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, fillo de xudeus e nacionalizado norteamericano. Foi profesor en Nova York, Cleveland e San Francisco. Entre as súas obras destacan a ópera Macbeth (1910), a rapsodia Schelomo (1913-1917), os salmos 22, 114, 137, a sinfonía Israel, América (1926), cinco cuartetos de corda e un quinteto para piano (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta neerlandés. Influído primeiro polos simbolistas franceses, escribiu Het verlangen (A nostalxia, 1921), e derivou despois cara á desesperanza en De nederlaag (A desfeita, 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO