"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • PERSOEIRO

    Colaborador habitual da prensa de finais do XIX con versos costumistas. Acadou unha mención de honra pola súa poesía “O trasno” nos Xogos Florais da Coruña, celebrados en agosto de 1884, publicada posteriormente en Galicia Humorística. Aparece no “Apéndice” antolóxico da Literatura Gallega, de Carré Aldao co poema “Aos estudiantes portugueses”, de 1902. Entre 1882 e 1888 publicou na Coruña varias composicións en castelán tituladas Apropósitos de Carnaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para determinar o carácter e mais o grao de ametropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que vai en sentido contrario ao normal.

    2. Dise dos peixes que, procedentes do mar, van reproducirse aos ríos ou ás lagoas litorais. Considéranse parcialmente anádromas aquelas especies que, sendo mariñas, van desovar en augas menos profundas ou costeiras e as especies de auga doce que se trasladan augas arriba dos ríos para esmillar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Martirizada durante a persecución de Nerón, esta santa é avogosa de que a masa do pan saia boa. Segundo testemuñan as Memorias de Del Hoyo, antano existiu en terras de Muros o arcediagado de santa Tasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mitolóxico feminino que aparece representado a miúdo na literatura grega clásica. Muller de Héctor, defensor de Troia, tivo un fillo deste, Astíanax. Na Ilíada está representada como unha tenra personificación da nai e muller. En Os troianos é liberada como escrava do fillo de Aquiles. Na traxedia Andrómaca, de Eurípides, Hermíone tenta matala, así como ao seu propio home. Racine inspirouse nela para escribir unha traxedia do mesmo nome (1667), pero que varía o esquema de Eurípides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico principal do Emperador Nerón. Está considerado o inventor da triaga, antídoto contra toda clase de velenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ninfomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroína da mitoloxía grega. Filla de Cefeo e de Casiopea, que a xulgou máis bela ca as nereidas. Por orde de Poseidón, enfadado, foi abandonada sobre unha rocha para que a devorase un monstro mariño. Perseo salvouna e casou con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación boreal situada ao N de Pegaso. As súas estrelas máis importantes son Alferatz [α], Mirach [β] e Almak [γ]. Contén a galaxia de Andrómeda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das galaxias máis próxima á nosa. Situada na constelación de Andrómeda, é visible sen telescopio e ocupa unha zona duns 80 por 250 minutos de arco. Foi estudada no s X polo astrónomo árabe al-Sūfī. Simon Marius observouna a través do telescopio en 1612 e Messier clasificouna (M31). Tamén se coñece polas siglas NGC 244. Andrómeda atópase a unha distancia de 2,18 millóns de anos luz, ten un diámetro de 163.000 anos luz e contén ao redor de 200.000 millóns de estrelas, cunha masa total de 3x1011 masas solares, aproximadamente dúas veces a masa da Vía Láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enxame de meteoros que se produce durante o mes de novembro e que se asocia ao cometa Biela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O que se discorre para enganar ou despistar a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en Compostela en 1979 por Eduardo Alonso e Luma Gómez. Realizarían un único espectáculo, Lenta Raigame (1979), a partir dun texto de Francisco Taxes, con dirección do propio Eduardo Alonso, para despois participar, con Troula e Antroido, na proposta cooperativa Teatro do Estaribel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia nunha mesma planta de flores hermafroditas e de flores masculinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de lonxitude comunmente utilizada en espectroscopia para indicar a lonxitude de onda dunha radiación; tamén se emprega para medir as distancias intermoleculares e atómicas. Defínese por 1 Å = 10-10 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e astrónomo sueco. Foi profesor de Física e posteriormente reitor na Universidade de Uppsala. Estudiou cuestións de óptica cristalina e metálica e de espectrografía. Descubriu o hidróxeno, o manganeso, o titanio e o aluminio no espectro solar, e foi o primeiro en medir en valor absoluto as lonxitudes de onda. Dáselle o seu nome á unidade de lonxitude de onda (angstrom).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parte anterior e medial dun corpo ou obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de antídromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se propaga en sentido contrario ao habitual.

    2. Dise da ramificación na que as follas, flores, etc, aparecen dispostas en hélice de sentido contrario á hélice correspondente ás follas, flores, etc, do eixe primario.

    3. Transmisión do impulso nervioso en sentido contrario ao fisioloxicamente habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnetismo que presentan algúns metais, aliaxes e os sales dos elementos de transición (como o FeO, MnO, MnO2), nos que a susceptibilidade magnética é moi baixa pero medra coa temperatura. Por debaixo da temperatura de Neel, os átomos ordénanse espontaneamente presentando spins antiparalelos (momentos magnéticos opostos), de xeito que o momento resultante é nulo e evidencia pouco magnetismo exterior. Por riba da temperatura de Neel o material vólvese paramagnético. Un campo magnético intenso pode chegar a transformar o antiferromagnetismo en ferromagnetismo ( magnetismo).

    VER O DETALLE DO TERMO