Andrómena
Andrómena
[ESPECT]
Grupo de teatro creado en Compostela en 1979 por Eduardo Alonso e Luma Gómez. Realizarían un único espectáculo, Lenta Raigame (1979), a partir dun texto de Francisco Taxes, con dirección do propio Eduardo Alonso, para despois participar, con Troula e Antroido, na proposta cooperativa Teatro do Estaribel.