"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

  • Estudioso versado na cultura árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo de Khūzistān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polialcohol obtido da redución da arabinosa, que se pode presentar en varias formas. A forma L, levoxira, obtense a partir da L-arabinosa; e a forma D, dextróxira, a partir da D-arabinosa e tamén pola fermentación de melazas con certas levaduras do xénero Saccharomyces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de arabizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que arabiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imitar a lingua, o estilo e os costumes arábigos.

    2. Imprimir o carácter árabe.

    3. Afacerse aos costumes e formas árabes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser arado ou cultivado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de satélites de comunicación da Liga Árabe. O Arabsat 1-A foi lanzado en febreiro de 1985 e o Arabsat 1-B en xuño do mesmo ano. Unha terceira versión, o Arabsat 1-C, foi lanzado en febreiro de 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser sometido a decisión arbitral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié de la Maza e Condesa de Fenosa. Entre os seus ilustres antepasados cómpre citar o seu bisavó Pedro de Agar y Bustillo, rexente de España. En 1966 contraeu matrimonio con Pedro Barrié de la Maza y Pastor, fundador da institución que leva o seu nome. Tras a súa morte en 1971, Carmela Arias asumiu a presidencia da Fundación Pedro Barrié de la Maza e do Banco Pastor. Foi presidenta de Honra de Unión Eléctrica Fenosa e da Junta Rectora del Patronato Juana de Vega, e doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña. Entre os moitos méritos que acadou polo seu labor profesional están os seguintes: Medalla de Ouro da Academia de Belas Artes de San Fernando, Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, Medalla Castelao da Xunta de Galicia, Medalla de Ouro da Deputación da Coruña, Medalla de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao sistema arquitectónico ou de construción que emprega elementos de peche horizontais (arquitrabes, lintel, etc) para sustentar o empuxe das masas arquitectónicas, descoñecendo o uso de arcos e bóvedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trabe mestra disposta de xeito horizontal sobre piares ou columnas para vencer o van aberto entre elas. Recibe as cargas dos pavimentos superiores e transmíteas cara aos seus apoios.

    2. Parte baixa do entaboamento que repousa sobre os capiteis das columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquivo Sa-rabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moldura ornamental característica da arquitectura islámica, xeralmente de forma rectangular, que enmarca os arcos das portas e das fiestras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe toponímica, procedente dos concellos de Oia e Ponteareas. As súas armas levan, en campo de sinople, un castelo de ouro aclarado de azul e, sobre a torre de homenaxe, unha asta de bandeira de prata; e bordo de goles cargado de oito panelas, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, poeta e novelista. En 1954 viaxou a París para ver o Berliner Ensemble, iniciando así a estadía na cidade onde publicou e viu estreados moitos dos seus textos adaptados á lingua francesa. Influenciado polo Surrealismo e o Absurdo, na modalidade que el chama “pánica”, unha boa parte da súa obra, aquela que concibe no autoexilio parisino, destaca pola súa irreverencia, por unha marcada tendencia a reflectir condutas humanas dominadas polo sadismo e por unha permanente exploración do ritual e da cerimonia. Pasou, despois, ao Théâtre Bouffe, a medio camiño entre o vodevil e o absurdo. É autor, entre outras pezas, de Piqué-Nique en campagne (1952), Fando et Lis (1964), L’Architecte et l’empereur d’Assyrie (1967), Volemoi un petit milliard (1977), Le pastuga des loufs ou overture orng-outan (1978) e Punk et Punk et Colégram (1978). Realizou filmes como Viva la muerte! (1971), J’irai comme un cheval fou (1973)...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barrio ou sector dunha cidade situado, polo xeral, fóra do recinto da poboación.

    2. Zona próxima nos arredores dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo ao arrabalde.

    2. Habitante dun arrabalde.

    3. Persoa que non ten delicadeza, de mala educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barrio ou sector dunha cidade situado, polo xeral, fóra do recinto da poboación.

    2. Zona próxima nos arredores dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación da santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO