"Rel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 842.
-
-
Cansar a alguén por mor do excesivo peso.
-
Cansarse ou fatigarse moito por unha carga excesiva que se leva ás costas.
-
-
-
Arredar unha cría dun animal de súa nai para que non siga mamando.
-
Impedir que alguén se desmande.
-
-
-
Refregar unha cousa contra outra.
-
Refregarse un animal ou unha persoa contra algunha cousa (pedra, árbore, parede, etc).
-
-
PERSOEIRO
Pintor vasco. Director do museo de Arte Moderna de Bilbao (1924-1927), dedicouse preferentemente á pintura mural. A súa produción evolucionou dende un Sintetismo (corrente pictórica postimpresionista) ata un Realismo social de raíz étnica, emparentado co Fauvismo e co Cubismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa románica do s XIII situada no concello de Rodeiro. Consta dunha soa nave cuberta con madeira e presbiterio con bóveda de canón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de atrelar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amarrar algunha cousa mediante unha trela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de grandes medusas peláxicas e cosmopolitas, con oito órganos sensoriais e catro órganos reprodutores de cor violeta en forma de ferradura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañeira de santa Úrsula, non morreu -como esta e as once mil virxes- martirizada polos hunos na masacre de Colonia de 385 xa que, á volta da peregrinaxe a Roma, enfermou na capital alsaciana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín Aurelianus ‘relativo a Aurelio’. Santo Aureliano de Limoges (Francia) é un santo lendario como san Marcial (de quen fora perseguidor, e a quen sucedeu á fronte da diócese). A lenda conta que foi fulminado por un lóstrego aínda que logo, grazas ás oracións de san Marcial, resucitou e acabou converténdose. Este nome presenta como hipocorísticos as formas Auri e Lelo.
-
PERSOEIRO
Bispo de Arles dende o 546 e vicario pontificio para a Galia. Foi o enlace entre Xildeberto I e Totila, Rei dos ostrogodos e conquistador de Roma. Autor dunha regra monástica que despois foi incorporada á de san Bieito de Aniana. Adoita invocárselle contra a xordeira e os males de oídos, pola asociación popular do seu étimo Aurelius ao de orella
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador militar romano (270-275). Foi proclamado como tal polo exército en Sirmium, á morte de Claudio. Loitou contra os vándalos e os alamanes xutungos. Tras ser vencido por estes en Plasencia (Italia), no 270 a C, construíu a muralla de Aureliano para a defensa de Roma. A vitoria final romana foi posible grazas ao exército de Iliria. Dirixiuse despois contra Palmira, venceu a Zenobia e o seu fillo, e acabou co poder desta cidade. De volta a Europa restaurou a unidade do Imperio Romano ao derrotar a Tétrico, Emperador da Galia, e deixou fixados os limes nos cursos do Rin e do Danubio. A súa política interior foi positiva e conseguiu facer unha reforma monetaria. Rodeou a cidade de Roma cunha muralla que leva o seu nome. Propugnou como forza unificadora do Imperio un culto sincrético do deus Sol. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Asturias sucesor de Froila I. No seu curto reinado estalou unha revolta de servos e mantivo boas relacións cos gobernantes da Córdoba musulmana. Sucedeuno no trono Silo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Cartago (393-430). Como dirixente da Igrexa africana afrontou, xunto con santo Agostiño, os problemas donatista e pelaxiano, defendendo a ortodoxia perante os pelaxianos. Convocou os grandes sínodos do 411. Enfrontouse ao Papa Zósimo, quen non aceptaba as accións dos bispos africanos. Introduciu o canto dos salmos nas celebracións litúrxicas e otorgou aos presbíteros a facultade de predicar substituíndo os bispos. Aurelio Agostiño foi colaborador seu. No martiroloxio xeromiano conmemórase o 20 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo de musulmán e cristiá, foi martirizado en Córdoba no 852, durante o reinado de ‘Abd al-Ra Palatino; ḥ mān II, xunto coa súa esposa Natalia (Sabigotho). No ano 858 os monxes Usuardo e Odilardo trasladaron os seus restos mortais a Saint-Germain-des-Prés. A súa festa celébrase o 27 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador romano de orixe africana. Escribiu un compendio de historia imperial titulado Caesares (Os Césares) no que repasa a biografía dos Césares dende Octavio Augusto ata Constancio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que vén do latín Aurelius, nome dunha gens romana, probablemente derivado da mesma voz indoeuropea da que procede Aurora; para outros investigadores ten a súa orixe no latín aurum ‘ouro’. Levan este nome os santos: santo Aurelio de Cartago (ss IV-V), arcebispo desta cidade norteafricana; santo Aurelio de Córdoba (s IX), degolado por orde de ‘Abd al-Ra Palatino; ḥ mān II; santa Aurelia de Estrasburgo (s IV), compañeira de santa Úrsula, quen conseguiu librarse da masacre de Colonia de 385, e santa Aurelia de Roma (s III), virxe e mártir na persecución do Emperador Valerio. A festa de Aurelia celébrase o 25 de setembro, o 15 de outubro ou o 2 de decembro, mentres que Aurelio conmemórase o 20 de outubro, o 27 de xullo e o 12 e 15 de novembro. Na tradición oral recóllense espresións como: “Por san Aurelio, bois ao cortello”, referida a un santo Aurelio que se celebra o 15 de novembro.
-
PERSOEIRO
Novelista sueco. As súas novelas e narracións, lacónicas e concisas, son dunha gran riqueza expresiva. Entre as súas obras destacan Tre berättelser (Tres narracións, 1946) e Viktor (Víctor, 1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nunha función dependente do tempo, correlación que existe entre os valores desta función, separados por un intervalo de tempo constante.