"Santa María" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 234.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Barro. De orixe románica, reconstruíuse no s XVI en estilo oxival tardío. No interior destaca a bóveda de crucería estrelada. Consérvase un baldaquino de pedra con arcos conopiais e decoración escultórica da Virxe das Angustias e da Asunción.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Oleiros. De orixe románica, reconstruíuse e modificouse en diversas ocasións: en 1108, segundo a Historia Compostelana, foi reconstruída e consagrada por Xelmírez; segundo unha inscrición situada nun tambor das columnas do arco triunfal, o abade Martiño de Dexo restaurouna en 1148; un epígrafe da imposta que percorre a ábsida sinala o ano 1200 como a data doutra reedificación, á que pertence a maior parte da construción conservada; unha inscrición do tímpano occidental mostra unha reforma de 1236; no s XVIII reformouse a fachada principal ao engadirse a espadana; e en 1733 o mestre Andrés Martínez construíu a capela maior seguindo as trazas de Fernando de Casas Novoa; en 1903 un incendio obrigou á súa restauración; e, finalmente, foi restaurada entre 1990 e 1991. Trátase dun templo dunha soa nave e ábsida semicircular. A nave ten cuberta de madeira mentres que o presbiterio se cobre cunha bóveda de canón lixeiramente apuntada e a ábsida con bóveda de...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Dodro. A primitiva igrexa ampliouna Simón Rodríguez, quen por orde do arcebispo Luís de Salcedo Azcona realizou as trazas en 1719, pero as obras non comezaron ata 1738. A reforma da capela maior sufragouna o convento mercedario de Santa María de Conxo. No interior destaca o retablo maior, obra de Manuel Leis, e estruturado en dous corpos. No exterior conserva un estilo moi austero, con grandes contrafortes e unha torre campanario de planta cadrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro de Cascas.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. De orixe románica, reformouse no 1654. No 1119 Xoán Díaz e María Luci, a súa dona, doáronlla á Igrexa de Lugo. Ten planta de cruz latina con dúas capelas laterais aos lados da nave. O primeiro tramo da nave pertence á primitiva igrexa e a cabeceira e as capelas laterais son barrocas. No interior, conserva restos dun baldaquino de pedra e un arcosolio cun sepulcro que se identificou co do conde Ramiro, aínda que a vestimenta do xacente é a propia dun eclesiástico que pode ser o fundador do templo barroco ou un párroco da igrexa. Conserva a fachada da primitiva construción románica. A portada está formada por dous pares de columnas acobadeladas, con capiteis e bases engadidos posteriormente, que sustentan o tímpano, formado por unha dobre arquivolta tórica e enmarcado por un arco carpanel que se apoia nas xambas. Sobre os ábacos das columnas interiores sitúase unha lousa que pertenceu ao primitivo tímpano; este ten esculpido dúas rosetas con cruces no centro...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilarmaior. De estilo románico, unha inscrición no tímpano da fachada principal dátaa no 1162. No 1185 Fernando III doou os seus beneficios a San Xoán de Caaveiro. Ten unha soa nave e unha ábsida semicircular precedida dun curto tramo recto. O arco triunfal é de medio punto, peraltado e dobrado, e está moi elevado. A rosca menor descansa sobre dúas semicolumnas pegadas que non teñen bases e con capiteis con decoración vexetal moi sinxela que non cobre toda a súa superficie. No exterior da capela maior destaca unha colección de canzorros con decoración xeométrica; as metopas que están entre eles adórnanse con grandes flores de botón central en resalte. A nave sufriu algunhas modificacións que afectaron ás partes altas e os canzorros están colocados a distancias desiguais. A porta norte, tapiada, remata nun tímpano semicircular liso, mentres que a meridional presenta ademais un lintel. A portada principal protéxese cun pórtico de madeira con apoios de pedra e...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Dozón. Durante a Idade Media vinculouse ao cercano mosteiro de San Pedro de Vilanova. De estilo gótico, construíuse a finais do s XIII ou principios do XIV. Da obra medieval consérvase a portada occidental e os catro primeiros metros da nave dende os pés. A portada principal é abucinada e presenta dous arcos apuntados moldurados que descansan sobre dous pares de columnas con capiteis lisos e bases áticas. O tímpano non se conserva. Nos muros laterais hai dúas ventás abucinadas cara ao interior, unha por cada lado, e varios canzorros de proa cóncavos que sosteñen un beiril adornado con pequenas follas rematadas en pomas. No resto da construción predominan os elementos barrocos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Castro de Rei. Reedificada no s XVIII, ten unha nave de planta rectangular e un presbiterio de maior altura. No interior destaca o retablo maior neoclásico con imaxes de santo Antonio e santa María. No exterior destaca a portada arquitrabada cunha ventá rectangular e unha espadana dun só van. No muro sur conservánse dúas pedras de armas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Forcarei. De orixe románica, a ábsida construíuse en 1742 e, seguindo o modelo da construción primitiva, cubriuse con bóveda de crucería. O corpo da igrexa, a torre e a portada realizáronse en 1822. No interior conserva unha pía bautismal románica da antiga igrexa de San Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Entrimo. Pertenceu a unha antiga abadía e dende a súa fundación tivo o título de Real. Puido ter a súa orixe nun mosteiro que se integrou no de San Salvador de Celanova, pois os seus abades sempre pretenderon a abadía. Construíuse nun terreo pertencente á Coroa e as súas obras remataron no 1793 baixo o goberno do abade Agustín Levoso (ou Leboso). Ten planta de cruz latina con tres naves separadas por oito pilastras. A nave central é máis ancha e alta. O cruceiro cóbrese con bóveda de media laranxa e no exterior cun tambor octogonal rematado nunha lanterna. As naves cóbrense con bóvedas de crucería. Do conxunto destaca a fachada principal, concibida como un retablo pétreo dedicado á realeza de santa María, que constitúe unha mostra do estilo churrigueresco en Galicia. Este elemento cobre a nave principal da igrexa e componse de catro corpos: o primeiro composto pola porta que centra o conxunto, cun arco moldurado de medio punto e flanqueado por tres pares de...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Trasmiras. De estilo barroco, no seu interior destacan o retablo maior realizado por Bernardo Senra Taboada (1719), coas imaxes de san Pedro, san Paulo, san Francisco e san Domingos, e o dedicado á Trindade (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Corgo. Ten unha soa nave cuberta a dúas vertentes e capela maior de planta cadrada. O arco triunfal é de medio punto en aresta. No interior destaca o retablo maior neoclásico do s XIX. A fachada ten porta arquitrabada e espadana dun van.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Esgos. Construída no s XVI, ten planta de cruz latina. No interior destaca o retablo maior composto por tres corpos con fornelas que acollen as diversas imaxes, entre as que destaca a da Virxe. A fachada ten unha porta de arco de medio punto coa moldura de baqueta grosa e, sobre ela, un óculo. O conxunto remata cunha espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Riotorto. Ten unha soa nave cuberta a dúas augas. O arco triunfal é de medio punto e a ábsida ten unha cuberta a catro augas. No exterior destaca a espadana de dous corpos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Muruzábal, na Comunidad Foral de Navarra. Construída no s XII, relaciónase coas ordes militares, puido ser un hospital da Orde de San Xoán e servíalles de lugar de descanso aos peregrinos que se dirixían a Santiago. Situada á beira do Camiño de Santiago, ten plano centralizado octogonal cuberto cunha bóveda de crucería con influencias islámicas. A ábsida é pentagonal. No exterior destaca a arcada que a rodea e que lle dá o nome en éuscaro, eunate (cen portas).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Toén. Construída en estilo románico a finais do s XII e comezos do s XIII, ten unha soa nave e ábsida rectangular con arco triunfal apuntado apoiado en semicolumnas pegadas. A portada principal ten unha dobre arquivolta apuntada, con decoración axadrezada a exterior. No tímpano destaca a cruz de Malta. A cornixa decórase con métopas, canzorros e outros elementos decorativos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santa María de Ferreira de Pallares.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Santa María de Ferreira de Pallares (Guntín). Pertenceu a un antigo mosteiro beneditino que recibiu tamén o nome de Santa María de Ferreira de Guntín. Adóitase afirmar que foi fundado no 909 polo conde Ero e a súa dona, a condesa Laura, como mosteiro dúplice, aínda que se coñece a súa existencia por unha doazón do 898 de dona Elvira. Posteriormente, foi restaurado como mosteiro de monxes beneditinos a finais do s XI ou principios do s XII e en 1557 frei Rodrigo de València e frei Pedro de Nájera anexionárono ao mosteiro de Samos, unión que confirmou nunha bula o Papa León X, e do que dependeu ata a exclaustración de 1835. O Rei Afonso VII acoutou os seus termos e durante os ss XII e XIII gozou da protección real, ademais de recibir un gran número de doazóns. Consérvase a igrexa románica de finais do s XII ou principios do s XIII, e segundo unha inscrición rematouse en 1226. Ten planta rectangular cunha soa nave, dividida en catro tramos, e ábsida semicircular....
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Paradela. De construción románica, ten unha nave e ábsida con cuberta de madeira. O arco triunfal é dobrado. No exterior destaca a portada cun arco de medio punto con tres arquivoltas con molduras, separadas por cintas escaqueadas, e un tímpano liso.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Guntín e construída no s XVII. Ten planta de nave única e ábsida rectangular, á que se engadiron posteriormente dúas capelas formando unha cruz. No interior destaca a capela dereita, construída en 1613, cuberta cunha bóveda de casetóns e na que se atopan, baixo un arcosolio, os restos de Álvaro de Taboada. No seu exterior destaca a espadana dun só van.
VER O DETALLE DO TERMO