"Tone" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 79.
-
PERSOEIRO
Economista. Das súas obras destacan National Income and Expenditure (1944), Standardized System of National Accounts (1952), Input-Output and National Accounts (1961) e Aspects of Economic and Social Modelling (1980). En 1984 recibiu o Premio Nobel de Economía pola súa achega ao desenvolvemento de sistemas de compatibilidade nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Monumento megalítico situado preto de Avebury, no condado de Wilt, Inglaterra. Parece ser que foi construído en tres fases. Na primeira, ao redor de 1800 a C, fíxose unha gran plataforma circular pequena con pequenas fosas de incineración. A segunda construción, feita aproximadamente en 1700-1500 a C, é un dobre círculo concéntrico de pedras e unha avenida de case medio quilómetro. Durante a fase final, ao redor de 1500-1400 a C, foi elevado un círculo de 30 menhires de 5 m de altura, unidos pola parte superior con pedras planas. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1986).
-
PERSOEIRO
Físico e matemático irlandés. Estudou a estrutura da materia, a teoría cinética dos gases, as ondas e a electricidade, na que introduciu o termo electrón e tentou calcular a súa carga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo estadounidense. No eido da psicometría desenvolveu as escalas de actitudes e contribuíu á aplicación da análise factorial. Publicou Primary Mental Abilities (1938) e A Factorial Study of Perception (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da illa de Honshū, Xapón, de 360 km de lonxitude, que nace nos montes Nikkō e desemboca no Pacífico, ao N do cabo Inubō.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inmunólogo e xenetista xaponés. Estudou nas universidades de Kyoto e California (San Diego). En 1987 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina pola súa contribución ao coñecemento do sistema inmunolóxico humano, do que se estableceron os mecanismos xenéticos que determinan a resposta inmune e sinalou a especificación na formación de anticorpos e da reacción antíxeno-anticorpo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente de madeira que se usa para mazar o leite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barril grande que se emprega para conter líquidos.
-
-
Unidade de peso de valor moi variable segundo o país ou as localidades. A máis xeneralizada é a tonelada métrica (t), que equivale a 1.000 kg. Son tamén moi correntes a tonelada inglesa ou longa, que equivale a 2.240 libras ou 1.016,047 kg, e a tonelada americana ou curta, que equivale a 2.000 libras ou 907, 185 kg.
-
-
Unidade de peso ou de capacidade que se emprega para medir o desprazamento dun barco.
-
tonelada de arqueo
Unidade de capacidade que equivale ao volume de 100 pés ou a 2,83 m 3 .
-
-
-
-
olume ou capacidade dun navío.
-
Cabida ou capacidade dun vehículo de transporte.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos toneis.
-
Persoa que constrúe ou arranxa os toneis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflexión final de voz no grupo fónico a partir da última sílaba nunha frase enunciativa. Diferéncianse cinco tipos: a cadencia, a anticadencia, a suspensión, e as formas intermedias, a semicadencia e a semianticadencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia semellante á tinta que empregan as impresoras e fotocopiadoras.
-
PERSOEIRO
Físico e inventor inglés. Fixo investigacións sobre acústica, pero despois dedicouse ás diversas aplicacións da electricidade. Ideou o calidófono, un sincronizador de reloxos (1840) e a ponte que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte formada por catro resistencias, dúas fixas e coñecidas, unha variable, e a que se quere medir. Está alimentada polos extremos dunha diagonal cunha tensión axeitada, e nos extremos da outra ten un galvanómetro para detectar a posición de equilibrio.
-
PERSOEIRO
Escritor inglés. Coñecido como Angus Wilson, destaca polo seu agudo sentido crítico e satírico. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Publicou Anglo-Saxon Attitudes (1956), The Old Men at the Zoo (1961) e As if by Magic (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora, nai de Mary Shelley. Relacionada co círculo de radicais do editor Johnson, defendeu os dereitos das mulleres nos ensaios Thoughts on the Education of Daughters (1787) e A Vindication of the Rights of Woman (1792) e na novela Mary (1797).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río do NO de EE UU, afluente do Missouri, con 1.080 km de percorrido. Nace nas vertentes da cima Yount dos montes Absaroka, ao NO do estado de Wyoming, penetra no Yellowstone Nacional Park e baixa en fervenzas cara ao Parque de Gardiner (Montana). Desemboca no Missouri, preto de Buford, en Dakota do Norte. Os seus principais tributarios son o Bighorn, o Tongue e o Powder.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro parque nacional de EE UU (1872) e do mundo, situado ao NO de Wyoming, ao S de Montana e ao L de Idaho (9.000 km2). Ten máis de 10.00 geyser. Hai grandes mamíferos como bisontes, búfalos americanos, alces, osos negros, cervos, lobos ou o oso gris e, ademais de diversos palmípedes, aguias brancas, cisnes trompeta e as grúas de area. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1978).