Stonehenge

Stonehenge

Monumento megalítico situado preto de Avebury, no condado de Wilt, Inglaterra. Parece ser que foi construído en tres fases. Na primeira, ao redor de 1800 a C, fíxose unha gran plataforma circular pequena con pequenas fosas de incineración. A segunda construción, feita aproximadamente en 1700-1500 a C, é un dobre círculo concéntrico de pedras e unha avenida de case medio quilómetro. Durante a fase final, ao redor de 1500-1400 a C, foi elevado un círculo de 30 menhires de 5 m de altura, unidos pola parte superior con pedras planas. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1986).