"Tude" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 78.

  • ENTRADA LARGA

    Lei, introducida por W. S. Gossett, que corresponde á función de distribución seguinte:

    FORMULA
    O parámetro n denomínase grao de liberdade da lei. Esta lei utilízase como contraste de hipóteses para analizar se unha distribución é normal ou non. OBS: Tamén se denomina lei de t-Student.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da cidade de Tui, en que se asentou a tibro dos grovios en época prerromana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Tui a partir de abril de 1935 e que cesou en abril de 1936 (nº3). Subtitulada “Revista editada por los estudiantes de bachillerato del Instituto de Tuy”, foi realizada por alumnos do centro e dirixida por Xesús Ferro Couselo. Contou coa colaboración dos irmáns Álvarez Blázquez, daquela alumnos do centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno tubo de latón, curvado en forma de S, que se coloca na parte lateral superior do tubo de certos instrumentos, como o fagot, para manexalos con máis facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa situado na beira dereita do Ebro, na confluencia co Queiles (29.918 h [2001]). Ten industria conserveira e de pensos, celulosa e artes gráficas. De fundación romana (Tutela), foi un baluarte da fronteira superior de Al-Andalus durante os séculos de dominio árabe (ss VIII-XII). En 1476, foi escenario dunhas negociacións de paz entre Xoán II e o seu fillo o futuro Fernando o Católico para poñer fin ás loitas civís navarras. Tivo un mercado importante durante a Idade Media. O conxunto histórico da vila foi declarado BIC en 1992 e nel destacan a colexiata de Santa María (BIC, 1884), a igrexa da Magdalena (BIC, 1984), os palacios do marqués de San Adrián (BIC, 1994) e do marqués de Huarte (BIC, 1989) e o castelo e o monte de Santa Bárbara (BIC, 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado no val do Duero, ao SL da capital provincial (6.779 h [2001]). As súas principais actividades son a agricultura, a gandaría e as industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mariano Rodríguez Tudela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenio de amizade asinado en Tudela de Duero (Valladolid), o 27 de agosto de 1506, entre Catarina I e Xoán II de Albret, reis de Navarra, e Filipe I de Castela, xenro de Fernando II de Aragón. Tiña como finalidade prestar apoio ao trono navarro a través da alianza coa casa de Austria, desamigada entón co rei aragonés, pero non puido evitar a incorporación do Reino de Navarra aos dominios deste en 1512.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asinado en Tudela (Nafarroa), en 1231, entre Sancho VII de Navarra e Xaime I de Aragón. O rei navarro, enfrontado con Fernando III de Castela, buscou a axuda aragonesa, a cambio da que recoñecía a Xaime I como herdeiro dos seus reinos. Pero ao morrer Sancho VII, o rei aragonés non fixo valer os seus dereitos e o sobriño do navarro, Teobaldo de Champagne, foi proclamado rei de Navarra (Teobaldo I, 1234).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asignado na antiga vila de Tudellén, preto de Fitero (Nafarroa) entre Ramón Berenguel IV, conde de Barcelona, e o Rei Afonso VII de Castela o 27 de xaneiro de 1151. Estableceu unha nova repartición de Navarra entre ambos os dous e a delimitación das zonas atribuídas a cada un nunha futura conquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Tui ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Xermania ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Xermania.

    3. Alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de verosímil.

    2. Propiedade de ser aparentemente certa unha hipótese estatística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alternancia de acontecementos favorables e adversos.

    2. Suceso negativo que inflúe no desenvolvemento de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade dalgunha cousa de producir un efecto determinado, xeralmente positivo ou beneficioso.

    2. Calidade moral positiva e íntegra.

    3. Disposición habitual do ánimo para as accións conformes ao ben ou á lei moral e para fuxir do mal ou da transgresión do que é mandado. Oponse ao vicio e ao pecado. Malia ser única, como actitude, téñense establecido desde diferentes tipos. Platón distingue tres virtudes cardinais (sabedoría práctica ou prudencia, valor ou coraxe e temperanza), Aristóteles clasifícaas en grupos diferentes (prácticas e teóricas ou éticas e dianoéticas). O cristianismo distingue as tres virtudes teologais (fe, esperanza, caridade), cuxo obxecto é o propio Deus, e  outras tantas virtudes relixiosas (obediencia, pobreza e castidade), propias dunha vida de perfección, e o resto das virtudes, entre as que se contan as virtudes cardinais (prudencia, xustiza, fortaleza e temperanza), ás que se poden reducir todas as outras; Tamén se pode falar de sete virtudes capitais, en oposición aos correspondentes sete pecados capitais.

    4. Práctica habitual do ben.

    5. castidade.

    6. Anxos que constitúen a xerarquía media do segundo coro da orde anxélica, no Pseudo-Denís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que provén do latín virtutes, plural de virtus ‘forza, enerxía, valor’; propiamente fai referencia á calidade de home, vir, isto é, a virilidade, a forza. Como nome de pía refírese ás virtudes teologais, que xa na antiga Roma recibían culto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo nacionalista galego cun importante compoñente cultural que desenvolveu as súas actividades en Madrid na década de 1920. Tivo certa presenza nos ámbitos universitarios e contou entre os seus membros con Fermín Fernández Penzol-Labandera.

    VER O DETALLE DO TERMO