virtude
(< lat virtūte)
-
s
f
Capacidade dalgunha cousa de producir un efecto determinado, xeralmente positivo ou beneficioso.
-
s
f
Calidade moral positiva e íntegra.
-
s
f
[FILOS/RELIX]
Disposición habitual do ánimo para as accións conformes ao ben ou á lei moral e para fuxir do mal ou da transgresión do que é mandado. Oponse ao vicio e ao pecado. Malia ser única, como actitude, téñense establecido desde diferentes tipos. Platón distingue tres virtudes cardinais (sabedoría práctica ou prudencia, valor ou coraxe e temperanza), Aristóteles clasifícaas en grupos diferentes (prácticas e teóricas ou éticas e dianoéticas). O cristianismo distingue as tres virtudes teologais (fe, esperanza, caridade), cuxo obxecto é o propio Deus, e outras tantas virtudes relixiosas (obediencia, pobreza e castidade), propias dunha vida de perfección, e o resto das virtudes, entre as que se contan as virtudes cardinais (prudencia, xustiza, fortaleza e temperanza), ás que se poden reducir todas as outras; Tamén se pode falar de sete virtudes capitais, en oposición aos correspondentes sete pecados capitais.
-
s
f
[FILOS]
Práctica habitual do ben.
-
s
f
[FILOS]
castidade.
-
s
f pl
[RELIX]
Anxos que constitúen a xerarquía media do segundo coro da orde anxélica, no Pseudo-Denís.
Refráns
- Con virtude e bondade adquírese autoridade.
- Máis vale tesouro de virtude que de ouro.