virtual
virtual
(< lat virtu)
-
adx
Que pode chegar a ser aquilo que indica o nome ao que acompaña, aínda que no momento non é real.
-
adx
Que existe en potencia.
-
adx
[LING]
Aplícase ao signo lingüístico en tanto que forma parte do sistema da lingua e que, ao realizarse na fala, pasa a ser actual, segundo F. de Saussure. Para B. Pottier, en semántica, a diferenza entre denotación e connotación relaciónase coa oposición entre actual e virtual e dá lugar á noción de virtuema.
-
desprazamento virtual
[FÍS]
Cambio de posición infinitesimal dun sistema físico sometido a ligaduras, que se efectúa conforme ás ligaduras existentes no instante considerado.
-
partícula virtual
[FÍS]
Partícula elemental que se supón que acompaña constantemente a outra, por poder esta emitila ao desintegrarse. Un neutrón ten, como partícula virtual, un electrón.