virtual

virtual

(< lat virtu)

  1. adx

    Que pode chegar a ser aquilo que indica o nome ao que acompaña, aínda que no momento non é real.

  2. adx

    Que existe en potencia.

  3. adx [LING]

    Aplícase ao signo lingüístico en tanto que forma parte do sistema da lingua e que, ao realizarse na fala, pasa a ser actual, segundo F. de Saussure. Para B. Pottier, en semántica, a diferenza entre denotación e connotación relaciónase coa oposición entre actual e virtual e dá lugar á noción de virtuema.

  4. desprazamento virtual [FÍS]

    Cambio de posición infinitesimal dun sistema físico sometido a ligaduras, que se efectúa conforme ás ligaduras existentes no instante considerado.

  5. partícula virtual [FÍS]

    Partícula elemental que se supón que acompaña constantemente a outra, por poder esta  emitila ao desintegrarse. Un neutrón ten, como partícula virtual, un electrón.

Palabras veciñas

viroso -sa | virote | Virtanen, Artturi Ilmari | virtual | virtualidade | virtude | Virtudes