"Vaz" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 165.

  • GALICIA

    Xornalista. Locutora e condutora de programas de TVE en Galicia, foi membro do Consello de Administración da RTVG, locutora da Cadena SER ata 1980 (Hora 25, Matinal Cadena SER e correspondente da SER en Galicia), ademais de colaborar en La Voz de Galicia e pertencer á redacción da revista Andaina. Participou na elaboración de Cultura e medios de comunicación nas sociedades dependentes (1982) e Rosalía de Castro: unha obra non asumida (1985). Recibiu o Premio Nacional de Radio polo seu traballo na SER.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, mestre e escritor. Licenciado en Filosofía e Letras (1940) e en Dereito (1950) pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a docencia en diferentes centros de Pontevedra (1940-1943), Lugo (1943-1949), Astorga (1949-1954) e Ourense (1954-1983). Integrouse nas Mocidades Galeguistas antes da Guerra Civil Española e presidiu a Caixa de Aforros de Ourense (1981). Colaborador de varios xornais e revistas e está considerado como o máximo bibliófilo galego. Publicou, entre outras obras, Dolor y olvido de López Ferreiro (1939), La biblioteca ideal de un cura mindoniense del siglo XVI (1947), Cuatro grandes juristas orensanos (1960), La custodia de Arfe en la catedral de Santiago (1973), Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868, 1968 (1980), Fantasía e realidade en “La Catedral y el niño” (1997) e Otero Pedrayo, orador (2001). Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, académico correspondente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e tradutor. Evolucionou desde o realismo poético dos primeiros libros, Vint poemes civils (1967), ata a unha poesía máis elaborada e vinculada á lírica europea e estadounidense, como en Latituds dels cavalls (1973), Focs d’octubre (1992, premio Ciutat de Barcelona) e Natura morta amb nens (2000). Traduciu ao catalán The Haw Lantern (1993, Premio de la Crítica Serra d’Or) de Seamus Heaney e The Lord of the Rings (1954) de J. R. R. Tolkien, e reuniu a súa obra poética no libro Triomf del present. Obra poètica 1975-1983 (1991, premio Lletra d’Or 1992). Foi presidente da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (1998) e, desde 1998, da Institució de les Lletres Catalanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Licenciado en Belas Artes, na especialidade de gravado, caracterizase polo seu costumismo onírico e infantil, inscrito nunha escenografía festiva que aglutinou seres humanos, artefactos voadores, animais domésticos ou especies vexetais. Inspirouse en estilos tan variados como o graffiti, o cómic, o deseño gráfico e a figuración libre da década de 1980. Destaca La fortaleza (1996), Bodegón e iglesia (1997) e La catedral de Santiago (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi profesor da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, médico no Hospital Provincial da Coruña e do Hospital Clínico Universitario de Santiago, e xefe clínico de cirurxía xeral do Hospital Xeral de Galicia. Escribiu El bocio en Galicia (1983). Recibiu o Premio Extraordinario da Academia de Medicina de Galicia (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián. Fundou o Institut Orthopédique de Lyon e en 1853 inventou a xiringa que leva o seu nome, para inxeccións hipodérmicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. A súa obra enmárcase no informalismo abstracto. Empregou preferentemente cores escuras e combinou diferentes materiais, técnicas e soportes para insinuar formas e paisaxes. Destacan Les soirs, quand neme (1989), Idus de marzo (1991), Monumento (1994) e Siena (2001). Participou, entre outras, na Mostra Unión Fenosa e ARCO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santiago de Compostela 18.5.1925) Asesor de comunicación. Técnico directivo de comunicación e relacións públicas e de radiotelevisión e diplomado en protocolo, foi xefe de Protocolo e Relacións Públicas do concello de Santiago de Compostela e asesor de protocolo do presidente da Xunta de Galicia e do Consejo Superior de Comunicación e Relaciones Públicas de España. Escribiu Guía de protocolo (1985) e Ceremonial y protocolo (1990). Recibiu a encomenda de número da Orden al Mérito Civil e a Cruz Oficial da Orden de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista, irmán de Vicente Quiroga Vázquez. Licenciado en Dereito, formou parte do Partido Alfonsino. Foi deputado pola sección de Lugo (1869-1872), pola de Quiroga (1876-1879) e polo distrito de Valdeorras (1879-1884 e 1896-1901); senador pola provincia de Lugo (1884-1885) e pola de Ourense (1903-1904), e director xeral de Agricultura (1895),

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, irmán de Manuel Quiroga Vázquez. Pertenceu ao Partido Liberal, foi deputado polo distrito de Quiroga durante dez ocasións entre 1872 e 1907, e senador pola provincia de Lugo (1896-1898 e 1910-1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presbítero. Das súas publicacións destaca o poema “In laudem Divi Thomae Hymnus”, premiado nun certame literario de Santiago de Compostela, e a obra El servir es condición, sobre o concepto de liberdade en san Tomé de Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Vigo 28.12.1942) Empresario. Presidente e conselleiro delegado de Abada SA, Rodman Polyships SAU e da Fundación Rodman, foi membro do consello de administración de Pescanova SA, do Consorcio de la Zona Franca de Vigo e de Bonaval Multimedia SL. Membro da World Fishing Executive Committee, pertenceu á xunta directiva da Mutua Gallega e do Club Financiero de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Estudou na Universidad de Valladolid e interouse polo cancro e as novas técnicas para combater esta enfermidade. Foi académico correspondente da Real Academia Galega e membro fundador doutras sociedades médicas españolas. Escribiu Galería de médicos gallegos ilustres (1977). Recibiu a medalla de ouro da Asamblea Suprema de la Cruz Roja Española e a Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador e adestrador de baloncesto. Coñecido como Manel Sánchez, xogou dez temporadas en primeira división e Liga ACB, no Manresa, CAI Zaragoza e Breogán de Lugo. Foi dúas veces internacional coa selección española absoluta. Foi adestrador do Yaya María Breogán de Lugo (2001-2005), da Liga Feminina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmaceútico. Interesado pola historia e a xenealoxía, organizou os mapas hidrolóxicos das provincias de Ourense, Lugo, A Coruña, Logroño, Gipuzkoa, Ciudad Real e Jaén. Das súas obras destaca Contribución al catálogo de la flora de Lugo: (comarca de Palas de Rey y Guntín) (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Especializado na área de contemporánea, centrouse no estudo da emigración galega. Publicou Os intelectuais do agrarismo: protesta social e reformismo agrario na Galicia rural, Ourense, 1880-1936 (1999); Galicia nos tempos de medo e fame: autarquía, sociedade e mercado negro no primeiro franquismo, 1936-1959 (2001) e As cartas do destino: unha familia galega entre dous mundos (1919-1971), con X. M. Núñez Seixas (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Licenciado en Dereito pola Universidad Pontificia de Comillas, foi capelán militar. Abade da colexiata de Santa María do Campo da Coruña, promoveu a creación do seu Museo de Arte Sacra. Presidente da Asociación de Amigos del Museo y de la Colegiata e membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, escribiu, entre outras obras, Juan Pablo II amigo de los jóvenes (1989), Morir con dignidad (1992), Historias de A Coruña (1993), Familia y hogar (1994) e Faro de luz (1997). Recibiu a Medalla de Ouro da Coruña, a Medalla Castelao (1999) e a cruz da orde de San Raimundo de Peñafort.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Foi director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia e asesor técnico en incendios e conservación da natureza da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Escribiu Forgoselo: espazo natural (1992), As Fragas do Eume (1993) e O Lobo, a extinción de especies e outros ensaios sobre conservación (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Lorenzo Varela, os seus primeiros anos transcorreron entre Cuba e Arxentina. Regresou á Península e na súa xuventude participou, xunto con Ramón Piñeiro, na fundación da Federación de Mocedades Galeguistas, en Lugo. En 1935 trasladouse a Madrid para estudar filosofía e letras, foi membro das Misións Pedagóxicas e colaborou no diario El Sol e, con outros intelectuais galegos, no grupo de Poetas Andantes e Navegantes (PAN). Afiliado ao Partido Comunista, durante a Guerra Civil Española comandou unha brigada, ademais de participar na redacción das revistas Hora de España e El Mono Azul, ata que se exiliou forzosamente en Francia e, posteriormente, en México (1940). Alí fundou e codirixiu a revista Romance e colaborou en Taller, dirixida por Octavio Paz. En 1941 estableceuse en Bos Aires e fundou, con A. Cuadrado e L. Seoane, Correo Literario; ademais colaborou con outros medios, como De Mar a Mar, La Nación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, unha cruz de ouro, cargada en abismo dunha estrela de azul de oito raios; bordo de ouro, cargado de oito aspas de sinople. Outro trae, en campo de goles, unha estrela de azul, con perfil de prata; bordo de prata, cargado de oito aspas de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO