"alt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 697.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que tamén reciben a madreselva e a molariña.
-
-
Transdutor electroacústico encargado de transformar os sinais eléctricos en ondas acústicas e ideado para radiar potencia acústica ao aire. Segundo o principio físico empregado, os altofalantes poden ser electrodinámicos, electromagnéticos, electrostáticos, magnetostáticos, piezoeléctricos ou iónicos. O máis corrente é o altofalante electrodinámico. Dado que é moi difícil conseguir que un só altofalante poida reproducir todas as marxes de frecuencias audibles (20 Hz-20.000 Hz), nos sistemas de alta fidelidade esta marxe é reproducida por dous ou tres altofalantes, que se reparten os sinais mediante un filtro divisor de maneira que cada un deles poida reproducir unha banda máis estreita e máis de acordo coas súas propiedades características. En xeral emprégase un altofalante de graves e outro de agudos, aos que a miúdo se engade outro de medios. Os altofalantes adoitan estar dispostos nunha caixa acústica. O altofalante de graves destínase a reproducir a parte inferior do espectro...
-
Altofalante baseado na acción dun campo magnético permanente sobre unha bobina móbil, unida a un diafragma capaz de vibrar. Chámase tamén de bobina móbil. Consta esencialmente de dúas partes: unha fixa, chamada motor, e unha móbil que é a que produce o son. O motor está constituído por un imán permanente e tres pezas metálicas, a columna polar ou perno, o anel polar e a placa. O imán pode ser cerámico ou ben metálico. O fluxo deste imán concéntrase no entreferro, anel circular que fica entre o gonzo e o anel polar. Dentro do entreferro queda perfectamente centrada a bobina móbil, solidaria coa membrana. Todo este conxunto é soportado pola carcasa onde están as terminais de entrada de corrente cara á bobina móbil. A suspensión exterior pode estar feita do mesmo material que a membrana ou ben por un material máis elástico: goma, neopreno, etc. A membrana adoita estar feita de fibra de celulosa ou ben de algodón, tratados por procedementos similares aos da fabricación de...
-
Altofalante baseado na acción dinámica producida sobre unha placa de material ferromagnético por un campo magnético variable. É chamado tamén de ferro móbil. Consta dun imán permanente que, en ausencia de sinal, fai circular un fluxo magnético a través da placa. A corrente alterna procedente do amplificador circula polas bobinas de maneira que o fluxo magnético creado se suma ou resta ao producido polo imán permanente, segundo a polaridade da corrente, e a placa avanza ou retrocede.
-
Altofalante baseado no efecto dinámico producido sobre unha placa polarizada sometida á acción dun campo electrostático. Está constituído por un diafragma moi lixeiro de poliéster, colocado entre dous electrodos acusticamente transparentes. Este diafragma está polarizado en relación aos dous electrodos, os que crean un potente campo electrostático. O sinal que provén do amplificador aplícase a estes electrodos mediante un transformador, e as variacións de polarización forzan o diagragma a se desprazar.
-
Altofalante que non se pode separar doutro aparello e que foi concibido para funcionar conxuntamente con aquel.
-
Altofalante baseado no feito de que os gases ionizados poden comportarse como un diafragma de seren modulados mediante un campo eléctrico. Para conseguir ionizar o aire, cómpre sometelo a unha tensión continua moi elevada, duns 15.000 V. Unha vez ionizado, superpónselle un campo eléctrico, modulado polo sinal que se queira reproducir; conséguese mover este aire, o que produce o son. Emprégase soamente para reproducir frecuencias altas.
-
Altofalante baseado nas propiedades que teñen algúns cristais de se deformar cando se lles aplica corrente: son empregados para reproducir frecuencias agudas. Pode funcionar inmerso na auga e por iso é empregado para as comunicacións submarinas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Base de datos sobre a cultura dos noventa, unha enciclopedia sobre as últimas tendencias xuvenís. Consta de máis de mil referencias sobre músicos de rock, literatos ciberpunk, cineastas independentes e outros. A súa orixe está no libro Alt Culture, do que son autores Steven Daly e Nathaniel Wice.
-
PERSOEIRO
Pintor bávaro. Foi rexedor e arquitecto municipal de Ratisbona. Está considerado a cabeza da escola do Danubio e é un dos precusores da pintura romántica. En diversas obras dá predominio á paisaxe sobre a figura humana: San Xurxo no bosque (1510) e Batalla de Alexandre (1529), nos que a magnificiencia da natureza está descrita minuciosamente. A importancia que o artista concede á natureza fai que o seu cadro Vista do Danubio (1552) sexa posiblemente a primeira paisaxe tratada como tema independente da historia da pintura. A miúdo tamén ambientaba as figuras en escenarios arquitectónicos, ás veces con efectos de iluminación artificial (A Natividade, 1520?; Susana no baño, 1526). Na liña do subxectivismo expresionista da arte dos países xermánicos, a súa obra ten un certo carácter precursor da pintura romántica. Tamén cultivou o gravado, especialmente a xilografía e os augafortes, e non se conserva ningunha das súas obras como arquitecto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
malvarisco.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, (13.519 h[1996]). O turismo acadou relevancia pola irradiación de Benidorm.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muller de Eneo, Rei do Calidón e nai de Meleagro. Despois de causar a morte do seu fillo de xeito voluntario, aforcouse.
-
PERSOEIRO
Compositor alemán de música vogal relixiosa e de música instrumental.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Saxonia, Alemaña, preto do río Pleisse, ao S de Leipzig (49.500 h [1990]). Foi capital do ducado de Saxonia-Alterburgo ata 1918.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Expresión de orixe latina que significa ‘outro eu’. Emprégase para designar unha persoa moi identificada coas opinións e empresas doutra, que goza de toda a súa confianza ou que se lle asemella moito.
-
Personaxe moi próximo ao autobiográfico, anque de xeito non recoñecido explicitamente polo autor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de alterable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade de ser alterado.
-
-
Acción e efecto de alterar ou de alterarse.
-
Depreciación que se produce no valor da moeda.
-
ariación na perspectiva focalizadora dun texto narrativo que non afecta á coherencia interna e externa do relato.
-
ariación do asentamento dun buque como consecuencia de ter cargado ou trasladado un peso. É positiva cando incrementa o calado de popa e negativa, no caso contrario.
-
Efecto de modificar nun ou dous semitóns a altura dunha nota verbo da súa entoación na tonalidade de base. O signo que a indica recibe o nome de accidente; haino de tres tipos: sostido (semitón agudo), bemol (semitón grave) e becadro (anula os anteriores) e pode figurar, ben na armadura (alteración constitutiva) ou ben no curso dunha pasaxe (alteración accidental).
-
Transformación das rochas próximas á superficie, pola acción de axentes exteriores, meteóricos (variacións térmicas, precipitacións, xeadas, etc) e doutros (fauna e flora, microorganismos, etc), que prepara a erosión propiamente dita. A alteración das rochas exerce un papel fundamental nos procesos de formación de solos.
-
alteración de alimentos
-
alteración de fitos
-
alteración de medicamentos
-
alteración de prezos
-
...
-
-
-
de alterar.
-
Dise do que está modificado, cambiado.
-
Que ten unha perturbación anímica ou moral.
-
Aplícase a quen sente malestar, ira e malhumor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que altera.
-
-
Dise do que causa alteración.
-
Aplicado ao medicamento ou medicación que pode alterar a composición do sangue.
-
-
-
Facer que algunha cousa sexa outra que non era antes, mudarlle a natureza, o aspecto ou calquera das propiedades.
-
Modificarse a natureza ou características dalgunha cousa.
-
Facer que alguén perda o acougo ou se enfade.
-
Sentirse inquedo ou intranquilo por algo.
-
Provocar sensacións de malestar, enfado e malhumor.
-
Enfadarse moito e poñerse de moi malhumor.
-
Modificar a altura dunha nota musical mediante unha alteración.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a virtude de alterar, sobre todo cando gradualmente produce un cambio.
-
-
Acción de discutir dun xeito violento, incluso cunha pequena rifa.
-
Trámite de diálogo entre os avogados ou representantes das partes en litixio nos procesos e nas causas criminais.
-
Na Idade Media, cuestión ou reclamación, tanto en contenda como extraxudicialmente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disputar dun xeito intenso e, ás veces esaxerado, por algo.