alterar

alterar

(< lat alterāre

  1. v t

    Facer que algunha cousa sexa outra que non era antes, mudarlle a natureza, o aspecto ou calquera das propiedades.

    Ex: Alterei o horario de adestramento e agora xa non sei cando debo ir.

    Sinónimos: transformar, variar, modificar. Antónimos: conservar, manter. Confrontacións: adulterar, corromper, desvirtuar, falsificar.
  2. v pron

    Modificarse a natureza ou características dalgunha cousa.

    Ex: A cor do coche alterouse e xa hai que pintalo de novo.

  3. v t

    Facer que alguén perda o acougo ou se enfade.

    Ex: A nova que lle comunicaron alterou a súa tranquilidade cotiá.

    Sinónimos: confundir, desacougar, desasosegar, excitar, inquietar, perturbar. Antónimos: acougar, apouvigar, aquietar, calmar, sosegar. Confrontacións: aqueloutrar.
  4. v pron

    Sentirse inquedo ou intranquilo por algo.

    Ex: Cando recibiu a mensaxe alterouse tanto que non tardou en se botar pola barranca.

    Antónimos: aquietar.
  5. v t

    Provocar sensacións de malestar, enfado e malhumor.

    Ex: Procurarán non alteralo para que a xuntanza prosiga ben.

  6. v pron

    Enfadarse moito e poñerse de moi malhumor.

    Ex: Alterouse tanto que está inaguantable.

  7. v t [MÚS]

    Modificar a altura dunha nota musical mediante unha alteración.

Frases feitas

  • Alterar o sangue. Enfadar ou irritar a alguén.

Palabras veciñas

alterado -da | alterador -ra | alterante | alterar | alterativo -va | altercado | altercar
Conxugar
VERBO alterar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
altero
alteras
altera
alteramos
alterades
alteran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alteraba
alterabas
alteraba
alterabamos
alterabades
alteraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alterei
alteraches
alterou
alteramos
alterastes
alteraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alterara
alteraras
alterara
alteraramos
alterarades
alteraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alterarei
alterarás
alterará
alteraremos
alteraredes
alterarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alteraría
alterarías
alteraría
alterariamos
alterariades
alterarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
altere
alteres
altere
alteremos
alteredes
alteren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alterase
alterases
alterase
alterasemos
alterasedes
alterasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alterar
alterares
alterar
alterarmos
alterardes
alteraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
altera
-
-
alterade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alterar
alterares
alterar
alterarmos
alterardes
alteraren
Xerundio alterando
Participio alterado
alterada
alterados
alteradas