calmar

calmar

(

  1. v t

    Provocar no ánimo unha sensación de calma.

    Ex: Calmou a todos os asistentes cando se foi a luz.

    Sinónimos: acalentar, acalmar, acougar, aplacar, apouvigar, aquietar, pacificar, sosegar, tranquilizar. Antónimos: aqueloutrar, axitar, desacougar, desasosegar.
  2. v t
    1. Facer que diminúa a dor, a violencia ou unha paixón.

      Ex: A inxección calmoulle a dor das costas.

      Sinónimos: acalmar, aliviar, atenuar, mitigar.
    2. Conseguir que estea calmada unha persoa, un animal.

      Ex: Tendes que calmar a situación antes de seguirdes discutindo o tema. Calmei a meniña para que durmise.

      Sinónimos: acalmar, amansar, aplacar.
  3. v i e pron

    Quedar tranquilizada unha persoa ao liberarse dalgunha cousa que lle producía desasosego.

    Ex: Calmámonos cando nos decatamos de que era un simple erro. Calmou ao facerlle efecto a medicación.

    Sinónimos: acalmar, acougar.
  4. v i e pron

    Quedar(se) o mar, o vento ou algún fenómeno natural en calma.

    Ex: No lusquefusque calmou o temporal. Se cadra calmará a marusía nos días vindeiros.

  5. v
    1. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘bater’.

    2. Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde ás voces ‘ir’ e ‘estar’.

Palabras veciñas

calmable | calmado -da | calmante | calmar | calmazo | calmear | calmeiro
Conxugar
VERBO calmar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calmo
calmas
calma
calmamos
calmades
calman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calmaba
calmabas
calmaba
calmabamos
calmabades
calmaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calmei
calmaches
calmou
calmamos
calmastes
calmaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calmara
calmaras
calmara
calmaramos
calmarades
calmaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calmarei
calmarás
calmará
calmaremos
calmaredes
calmarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calmaría
calmarías
calmaría
calmariamos
calmariades
calmarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calme
calmes
calme
calmemos
calmedes
calmen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calmase
calmases
calmase
calmasemos
calmasedes
calmasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calmar
calmares
calmar
calmarmos
calmardes
calmaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
calma
-
-
calmade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calmar
calmares
calmar
calmarmos
calmardes
calmaren
Xerundio calmando
Participio calmado
calmada
calmados
calmadas