calmante
(
-
adx
Que calma.
Ex: Ó chegar á casa, sento na cadeira de brazos e escoito música calmante.
-
s
m
[MED]
Medicamento para aliviar a dor ou as molestias. Os dous tipos principais de calmantes específicos son: os sedantes, que reducen a tensión nerviosa e resolven problemas nos que predomina o estado de excitación, como a reserpina, a fenotiacina e o benzhidrol; e os analxésicos, de acción antidolora específica, como os que actúan en cadros de dor visceral, caso da metadona e a morfina ou os analxésicos menores como o ácido acetilsalicílico, o paracetamol e a codeína. Outros medicamentos non son específicos para tratar a dor pero a súa acción ten unha influencia semellante, como os antiespasmódicos que actúan directamente sobre os espasmos e as contraccións, como o metilbromuro de homatropina, o butilbromuro de escopalamina, a papaverina; os barbitúricos que provocan a aparición de sono e son derivados do ácido malónico; e os anestésicos, de acción deprimente das funcións do sistema nervioso, como a cocaína, a procaína e a tetracaína.
Ex: Vou ter que tomar outro calmante para aliviar a dor de cabeza que sinto, se non quero sufrir unha xaqueca.
Sinónimos: tranquilizante. Antónimos: excitante. -
s
m
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde ás voces ‘martelo’ e ‘maza’.