calma

calma

(

  1. s f

    Estado da atmosfera ou do mar cando non hai perturbacións.

    Ex: Tivemos que acender o motor porque había calma e non avanzabamos coas velas.

    Sinónimos: bonanza. Antónimos: tempestade. Confrontacións: calmazo, calmeiro.
  2. s f

    Falta de ruído, axitación ou movemento nalgún lugar.

    Ex: Durante o adestramento reinou a calma no estadio.

    Sinónimos: tranquilidade. Confrontacións: quietude.
  3. s f
    1. Comportamento da persoa que está tranquila, sen nervios e sen preocupacións.

      Ex: É abraiante a calma que tes antes dos exames.

      Sinónimos: quietude, serenidade, tranquilidade.
    2. Estado de quen non está excitado nin demostra enfado.

      Ex: A súa faciana sempre transmite unha sensación de calma.

      Sinónimos: acomodo, acougo, paz, quietude, serenidade, sosego, tranquilidade.
    3. Resignación ante feitos adversos.

      Ex: Cando nos deron o golpe no coche, tomouno con moita calma.

    4. Calidade que ten unha persoa para esperar por algo ou alguén.

      Ex: Sempre espera con calma o autobús.

      Sinónimos: tranquilidade. Confrontacións: flegma.

Refráns

  • Acabouse a calma e acabouse a présa.
  • Comer, durmir e cagar piden vagar.
  • Logo é feito o que é hen feito.
  • Máis vale un bo vagar ca un bo traballar.
  • O comer e o beber non queren présa.
  • O que non é o día de santa Lucía é para outro día.
  • O que non se fai pola santa Lucía, faise ao outro día.
  • O viño, bebelo a modiño: gotiño a gotiño.
  • Quen vén non tarda.
  • Rai que dar tempo ao tempo, para que as cousas veñan con tento.
  • Se non tes moito vagar, algo compre facer para descansar.
  • Sen pensar veñen as cousas polo seu lugar.

Palabras veciñas

calloubada | callumela | Calluna | calma | calmable | calmado -da | calmante