calloubada
calloubada
(< callo)
-
s
f
Comida mal cociñada e que presenta unha mala aparencia.
Ex: Esta calloubada quítalle o apetito a calquera famento.
Sinónimos: caldeirada, caldoada, caldufada. -
s
f
Comida e bebida en demasía.
Ex: Fixen unha boa calloubada para que chegase para a cea.
-
s
f
Comida que se preparaba trala matanza do porco co estómago, co amoado dos chourizos mesturado e con pequenos ósos.
-
s
f
Queimada ou café acompañado de augardente queimada, segundo a denominación que reciben nalgúns lugares de Ourense e Lugo.
-
s
f
Beberaxe medicinal que se obtén fervendo en auga diversas herbas.