caldeirada

caldeirada

(< 1 caldeira)

  1. s f [ALIM]

    Guiso mariñeiro que habitualmente combina patacas cocidas, especialmente na auga do mar, e peixes, preferentemente graxos. Acostuma acompañarse cunha allada de cebola, pemento doce ou picante, allo e, ás veces, vinagre. Esta comida facíase a bordo das embarcacións pesqueiras e na praia.

  2. s f

    O que está cociñado nunha caldeira.

  3. s f

    Comida para o gando preparada con patacas cocidas, verzas, nabos e outros alimentos.

    Ex: Nin as vacas nin os porcos de María comen caldeirada.

    Sinónimos: calda, caldada, encaldada.
  4. s f

    Comida mal preparada.

    Sinónimos: caldoada, caldufada, calloubada.

Palabras veciñas

1 caldeira | 2 caldeira | Caldeira | caldeirada | caldeirado -da | caldeirar | caldeireiro -ra