encaldada

encaldada

(< encaldar)

  1. s f

    Comida para o gando, elaborada basicamente con auga, verzas e algún outro alimento.

    Ex: Á noite sempre lle damos encaldada ós porcos.

    Sinónimos: calda, caldada, caldeirada.
  2. s f

    Comida excesivamente caldosa e mal feita.

    Ex: Non calculei ben a auga e agora este guiso é unha encaldada.

    Confrontacións: caldeirada, caldoada, caldufada, calloubada.

Palabras veciñas

encalar | encalcar | encalco | encaldada | encaldar | encalecemento | encalecer