calda
calda
(< lat aqua calda ‘augaquente’)
-
s
f
Acción e efecto de caldear ou caldearse.
Sinónimos: quentamento. -
s
f
Acción de engadir combustible ao forno de fundición co propósito de producir un aumento de temperatura.
-
s
f
Acción de poñer incandescente na fragua o ferro que se traballa en estado candente cada vez que, por arrefriamento, perde a incandescencia.
-
s
f
Comida especial preparada con fariña e auga para darlle ao gando.
Ex: Botoulle de xantar ao porco unha calda. A vaca que dá leite come calda, as outras comen seco.
Sinónimos: caldada, caldeirada, encaldada. -
s
f pl
Baños de auga mineral quente con efectos terapéuticos.
Sinónimos: termas.