tempestade

tempestade

(

  1. s f [METEOR]

    Borrasca local intensa que vai asociada a un cúmulo ou a un nimbo groso e denso, onde existen correntes ascendentes de aire moi fortes. Vai acompañada normalmente de tronos e lampos, e a chuvia é intensa nun espazo curto de tempo. Son máis frecuentes en latitudes baixas. A tempestade térmica prodúcese pola convección térmica ocasionada polo quecemento do solo e a capa inferior do aire polo Sol. Nas tempestades orográficas o aire é forzado a evaporarse para remontar unha cadea de montañas. Nas tempestades frontais a masa de aire cálido é forzada a elevarse sobre unha capa de aire frío.

  2. s f

    Axitación violenta da orde ou da harmonía dunha situación.

  3. tempestade magnética [FÍS]

    Perturbación do campo magnético terrestre que se observa un ou dous días despois das grandes erupcións cromosféricas. Comeza cun aumento da intensidade da compoñente horizontal do campo xeomagnético, que chega ata un valor de 30 a 40 veces superior ao normal, despois volve baixar de maneira que acada o valor anterior nun tempo de 2 a 8 horas, continúa baixando, ata un valor de 50 a 100 veces por debaixo do normal e, finalmente, nun intervalo de 1 ou 2 días, restablécese a situación non perturbada.

Palabras veciñas

tempereiro | tempero | Tempesta, Il | tempestade | Tempestades, pico | tempestuoso -sa | templa