tempero

tempero

(< temperar)

  1. s m

    Punto óptimo dunha comida ou de calquera cousa.

  2. s m

    Forma de ser dunha persoa, especialmente da que sabe manter o equilibrio ou a firmeza.

  3. s m [IND]
    1. Punto de dureza ou de elasticidade que se lles dá aos metais e ao vidro.

    2. Tratamento ao que se somete un metal para endurecelo, especialmente o que consiste en quentalo e arrefrialo rapidamente somerxéndoo de súpeto nun líquido frío. Así mellora as calidades mecánicas do metal ao aumentar o seu límite de elasticidade, a súa resistencia á ruptura por tracción e a súa dureza.

  4. s m [ESCR]

    Corte que se facía no canón dunha pluma para que servise para escribir.

  5. s m [MÚS]

    Cantidade xusta de aire que necesita a gaita para manter un son uniforme, sen interrupcións no fluxo e sen subidas nin baixadas no timbre e intensidade do son. Conséguese mediante a combinación da presión do brazo sobre o fol e a introdución do aire polo soprete. Tradicionalmente, o fol de cabrito proporcionou un bo tempero, aínda que a finais do s XX novos tecidos sintéticos como o gore-tex proporcionaron un tempero máis coidado e uniforme cun menor esforzo do brazo.

  6. s m

    Termo da xerga dos cabaqueiros que designa o punto de cocción da tella.

Refráns

  • A temperanza é media vida.
  • Coa temperanza a saúde é a que máis gaña.
  • O tempero está na mano
  • O tempero quere siso e quere tento.
  • O tempero vai no amaño.
  • Tempereiro por tempereiro, xaneiro e o compañeiro.