temperatura

temperatura

(< lat temperatūra)

  1. s f [FÍS/METROL]

    Magnitude termodinámica que pon en evidencia a enerxía térmica dun corpo en relación a outro. Desde un punto de vista físico, a temperatura dunha substancia defínese como a medida da enerxía cinética media das moléculas que a forman. Pode medirse nas mesmas unidades ca a enerxía aínda que, tradicionalmente, se crearon as escalas de temperatura en paralelo coas unidades de enerxía, como a escala Fahrenheit, a Celsius, a Reaumur, a Kelvin, tamén de­nominada escala absoluta, ou a Rankine.

  2. [FISIOL]
    1. s f

      Expresión numérica do grao de calor do organismo que depende do equilibrio entre os mecanismos termóxenos (metabolismo, contracción muscular) e os termolíticos (perda de calor por convección, radiación e evaporación). Acéptanse como cifras normais unhas oscilacións térmicas de entre 36,5°C e 37,2°C.

    2. temperatura basal

      Temperatura do cor­po dun individuo en xaxún, en repouso e nun ambiente duns 20°C.

  3. s f

    Situación ou estado dun ambiente determinado.

  4. temperatura absoluta [FÍS]

    Temperatura que se mide en graos kelvin.

  5. temperatura crítica [FÍS]
    1. Temperatura dun gas por riba da que é imposible licualo unicamente por un aumento de presión.

    2. Temperatura máxima á que un material supercondutor pode manifestar esta propiedade.

  6. temperatura do aire [METEOR]

    Temperatura que ten nun momento dado o aire da atmosfera terrestre. A inclinación dos raios solares e a duración do día determinan as variacións periódicas da temperatura (diúrna e anual).

Palabras veciñas

temperante | temperanza | temperar | temperatura | tempereiro | tempero | Tempesta, Il