tempero
(< temperar)
-
s
m
Punto óptimo dunha comida ou de calquera cousa.
-
s
m
Forma de ser dunha persoa, especialmente da que sabe manter o equilibrio ou a firmeza.
-
s
m
[IND]
-
Punto de dureza ou de elasticidade que se lles dá aos metais e ao vidro.
-
Tratamento ao que se somete un metal para endurecelo, especialmente o que consiste en quentalo e arrefrialo rapidamente somerxéndoo de súpeto nun líquido frío. Así mellora as calidades mecánicas do metal ao aumentar o seu límite de elasticidade, a súa resistencia á ruptura por tracción e a súa dureza.
-
-
s
m
[ESCR]
Corte que se facía no canón dunha pluma para que servise para escribir.
-
s
m
[MÚS]
Cantidade xusta de aire que necesita a gaita para manter un son uniforme, sen interrupcións no fluxo e sen subidas nin baixadas no timbre e intensidade do son. Conséguese mediante a combinación da presión do brazo sobre o fol e a introdución do aire polo soprete. Tradicionalmente, o fol de cabrito proporcionou un bo tempero, aínda que a finais do s XX novos tecidos sintéticos como o gore-tex proporcionaron un tempero máis coidado e uniforme cun menor esforzo do brazo.
-
s
m
Termo da xerga dos cabaqueiros que designa o punto de cocción da tella.
Refráns
- A temperanza é media vida.
- Coa temperanza a saúde é a que máis gaña.
- O tempero está na mano
- O tempero quere siso e quere tento.
- O tempero vai no amaño.
- Tempereiro por tempereiro, xaneiro e o compañeiro.