acomodo

acomodo

(< acomodar)

  1. s m

    Acción de acomodar ou acomodarse.

    Ex: Hai sempre unha persoa encargada do voso acomodo.

  2. s m

    Lugar axeitado no que se coloca algo.

    Ex: Por fin atoparon acomodo para aquela mesa tan grande.

  3. s m

    Habitáculo ou lugar no que se acomoda alguén.

    Ex: Buscou acomodo naquela pensión da zona vella de Lisboa.

  4. s m

    Estado de tranquilidade, paz, quietude.

    Ex: Non atopaba acomodo, despois de todo polo que pasou.

    Sinónimos: acougo, calma, sosego.
  5. s m

    Exercicio dunha actividade con contraprestacións económicas.

    Ex: O seu fillo buscou acomodo no concello.

    Sinónimos: colocación, emprego, ocupación. Confrontacións: apaño, apaño.

Frases feitas

  • Non ter acomodo. Non ter acougo.

  • Ser de bo/mal acomodo. Ser bo ou malo de conformar.