apaño
(< apañar)
-
s
m
Traballo ou ocupación eventual.
Ex: Chegamos a un amaño para poder cobrarlle polos meus servicios.
Sinónimos: amaño, amaño. Confrontacións: acomodo, arranxo. -
s
m
As posesións materiais imprescindibles para poder vivir.
Ex: O que gaña con ese traballo é tan só un apaño.
-
s
m
Medios ou recursos obtidos de maneira pouco clara ou ilícita.
Ex: Non gaña moito, pero todo o mundo sabe que consegue os seus apaños.
-
s
m
Trato sexual ilícito ou oculto con outra persoa.
Ex: Divorciouse do seu home porque descubriu que tiña un apaño coa secretaria.
Confrontacións: amorío, achego.
Frases feitas
-
Ir ao apaño. Buscar o que se poida topar polos camiños. Ex: Cando a botaron da casa foi ao apaño.
-
Non ter un mal apaño. Non posuír nada. Ex: Xa non ten un mal apaño e anda a pedir pola rúa.
-
Ser de bo/mal apaño. Ser bo ou malo de contentar. SIN: ser de bo/mal acomodo, ser de bo/mal amaño. Ex: Discutín con ela e creo que non me vai falar nunha semana porque é de mal apaño.
-
Ter os seu(s) apaño(s). Ter os seus ou as súas amantes. Ex: O meu avó xa vai vello, pero aínda ten o seu apaño.
-
Ter un apaño para ir vivindo. Vivir co xusto. Ex: Non podo meterme en grandes gastos, mais teño un apaño para ir vivindo.