apantallamento
apantallamento
(< apantallar)
-
s
m
[FÍS]
Dispositivo ou estado que modifica, reduce ou suprime a transmisión dunha forza ou dunha radiación entre dúas rexións do espacio.
-
s
m
[FÍS]
Efecto de pantalla pola cal un medio ou un conxunto de partículas debilitan unha determinada interacción. O apantallamento ten grande importancia na física do estado sólido (teoría BCS) e nas disolucións de electrólitos (apantallamento de Debye).
-
s
m
[FÍS]
Blindaxe ou protección dunha fonte de radiacións.
-
constante de apantallamento
[FÍS]
Diferencia entre o número atómico real dun atómo e o número atómico efectivo, consecuencia da nube de electróns de apantallamento.