arranxo
(< arranxar)
-
s
m
Acción e efecto de arranxar ou arranxarse.
Ex: Tes que facer o arranxo do teu cuarto antes de saíres. O arranxo do reloxo custoume pouco. Chegaron a un arranxo naquel asunto.
Sinónimos: amaño, reparación, amaño. -
s
m
Acción de ordenar ou dispor algo de modo axeitado.
Ex: O arranxo da túa carteira é cousa túa.
-
s
m
Acción de facer que funcione algo que estaba en mal estado ou estragado.
Ex: A compañía de seguros non se fixo cargo do arranxo do coche.
Sinónimos: amaño, reparación, amaño. -
s
m
Acción de arranxar mediante un acordo un conflito ou falta de entendemento entre dúas ou máis persoas.
Ex: Os veciños chegaron a un amaño no tema do ascensor.
Sinónimos: amaño, amaño. -
s
m
[MÚS]
-
Composición baseada nunha melodía ou obra musical dada.
-
Adaptación dunha obra para instrumentos ou voces distintas dos orixinais.
-
-
arranxo internacional
[DER]
Convenio outorgado por dous ou máis estados coa finalidade de modificar ou completar unha relación xurídica previamente establecida entre eles. Emprégase como medio para modificar as cláusulas dun tratado internacional, máis importante e definitivo.