reparación
(< lat reparatiōne)
-
s
f
Acción e efecto de reparar.
-
s
f
Restitución ou compensación en caso de inxuria persoal, detracción ou ofensa.
-
s
f
[DER]
Obriga que ten o que cometeu un dano de restablecer o equilibrio patrimonial roto. A responsabilidade civil orixina no prexudicado unha pretensión de resarcimento. O cumprimento da reparación pode ser efectuado pola restitución da cousa, o cumprimento da obriga ou por indemnización por danos e prexuízos.
-
s
f
[DER/HIST]
Contribución que debe satisfacer, unha vez rematada a guerra, o estado vencido con respecto ao vencedor, en concepto de resarcimento dos danos materiais da guerra. A reparación introduciuse como cláusula nos tratados de paz desde o s XVIII. A Conferencia de Yalta (1945) estableceu as reparacións a favor das nacións que máis perderan e a de Potsdam (1945) estableceu un sistema de reparacións en especie a base das confiscacións nas zonas ocupadas.
-
s
f
[RELIX]
Desagravio feito a Deus polas ofensas que se lle fan, por medio da pregaria e da penitencia.
-
s
f
[RELIX]
Restablecemento do home na súa integridade orixinal en virtude da redención e da aceptación dos sufrimentos como castigo polo pecado, que é un agravio a Deus.
Refráns
- A barco vello, madeiras novas.
- A camisa de moitas feituras está chea de costuras.
- iO demo que te compoña! -díxolle o demo á zanfoña.