arranxar

arranxar

(< fr arranger ‘ordenar’)

  1. v t

    Pór en orde unha cousa ou un conxunto de cousas cun fin determinado (estético, de comodidade, etc).

    Sinónimos: amañar, aviar, ordenar, preparar.
  2. v t

    Resolver un asunto de común acordo.

    Ex: Arranxamos o problema das estremas.

    Sinónimos: amañar, solucionar.
  3. v t

    Facer que funcione unha cousa estragada.

    Ex: Xa me arranxaron o coche.

    Sinónimos: amañar, aquelar, gobernar, recompoñer, recompor, reparar.
  4. v t

    Preparar unha comida.

    Ex: Arranxei un pouco de carne para o xantar.

  5. v t [MÚS]

    Realizar un arranxo musical.

    Ex: O músico arranxou varias pezas de Vivaldi.

  6. v pron

    Ser alguén capaz de facer ou resolver algo por si mesmo.

    Ex: Arranxouse el só para rematar o traballo no prazo previsto.

  7. v pron

    Chegar a un acordo ou unha solución.

    Ex: Os litigantes arranxáronse e non foron a xuízo.

  8. v pron

    Dispoñerse da forma adecuada para ter bo aspecto.

    Ex: Arranxouse moito para ir á festa.

  9. v pron

    Poder vivir cos medios dos que se dispón.

    Ex: Arránxase aínda que ten unha pensión pequena.

  10. v pron

    Reconciliarse dúas ou máis persoas que non se entendían.

    Ex: Arranxáronse os veciños que levaban anos sen falarse.

Palabras veciñas

arrandeo | arranque | arranxable | arranxar | arranxo | arrapañar | arraposado -da
Conxugar
VERBO arranxar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arranxo
arranxas
arranxa
arranxamos
arranxades
arranxan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arranxaba
arranxabas
arranxaba
arranxabamos
arranxabades
arranxaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arranxei
arranxaches
arranxou
arranxamos
arranxastes
arranxaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arranxara
arranxaras
arranxara
arranxaramos
arranxarades
arranxaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arranxarei
arranxarás
arranxará
arranxaremos
arranxaredes
arranxarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arranxaría
arranxarías
arranxaría
arranxariamos
arranxariades
arranxarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arranxe
arranxes
arranxe
arranxemos
arranxedes
arranxen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arranxase
arranxases
arranxase
arranxasemos
arranxasedes
arranxasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arranxar
arranxares
arranxar
arranxarmos
arranxardes
arranxaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
arranxa
-
-
arranxade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arranxar
arranxares
arranxar
arranxarmos
arranxardes
arranxaren
Xerundio arranxando
Participio arranxado
arranxada
arranxados
arranxadas